O Concello oferta 15 prazas para o curso formativo de Reposición e Caixa

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz

O prazo de inscrición remata o vindeiro luns 26 de outubro

A Concellería de Formación, dirixida pola concelleira Natalia Hermida, abriu o pasado luns día 19 ás 8.30 horas e até o día 26 de outubro ás 13.30 horas o prazo de inscrición para participar nun curso de Reposición e Caixa dirixido a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón.

En total ofértanse 15 prazas e levarase a cabo no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, cun total de 116 horas lectivas, e datas previstas de impartición desde o día 2 de novembro ate o día 4 de decembro. Poderán ser admitidas solicitudes fora de prazo sempre que existan prazas vacantes. As persoas admitidas no curso terán que entregar o día de inicio do curso (no Centro Municipal de Formación) o DNI e a tarxeta actualizada como demandante de emprego.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de NarónSede electrónica, e polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administraciones Públicas.

As persos interesadas poden consultar máis información na sección de Servizos, Formación e Actividades Municipais da páxina web do Concello, ou contactar co Servizo Sociocomunitario, Teléfono 981 33 77 00, Extensión 1120 e 1123.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar