7º Encontro Local de Mocidade

Versión para impresoraEnviar a un amigo
graffiti

Trátase de realizar unha serie de estratexias de estimulo á mocidade para desenvolver actividades en común a partir do contacto entre eles compartindo as súas ideas e intereses.

Este ano 2009 por 7ª ano consecutivo, realizarase o Encontro de Mocidade, co propósito de servir de escaparate para mostrar as novas tendencias da xuventude de Narón.

2. Destinatarios/as ou usuarios/as da unidade

Vai dirixido a mozas/os dende os 14 ata os 30 anos, especialmente para os que estean entre os 16 e 23 anos.

3. Obxectivo ou misión xeral

Crear espazos e lugares-soporte para o debate e a comunicación entre a mocidade que permitan xerar estructuras organizativas, ben de novas asociacións ou de grupos organizados por intereses comúns.

  • Obxectivos operativos

Realizar un encontro local da mocidade agrupando territorios.

Agrupar a 150 mozas/os das distintas parroquias de Narón e outros tantos da comarca.

Organizar e realizar actividades musicais, artísticas, de ocupacións, deportivas, de lecer, emprego, e outros, a xeito de encontro ou reunión.

Utilizar os encontros locais de mocidade como instrumento de coñecemento das distintas iniciativas e intereses da xente nova.

4. Lugar e datas

Terá lugar na Praza de Galicia o día 6 de xuño de 10:00 a 21:00 horas e na Estrada de Castela (Casas da Mariña) terá lugar a 3ª Kedada de Graffiti de Galicia 2009.

5. Descrición da actividade

Este encontro consistirá nunha xuntanza de 100-150 mozas/os que compartirán aficcións e cun eixo argumental proposto previamente realizarán distintas actividades de graffiti, baile moderno, malabares, patinaxe, música, obradoiros de camisetas, abalorios e feltro, de técnicas de ligue, cociña saudable, corresponsabilidade, exhibición de DJ´s, etc

Accións ocupacionais: o encontro artículase en torno as seguintes accións:

  1. 3ª Kedada de Graffiti Galicia 2009
  2. Concertos lanzadeira de grupos de ensaio (grupos Escola Música Moderna)
  3. Performance (Grupo From-ti)
  4. Exhibición de malabares (Circusfusión)
  5. Exhibición de breakdance Narón
  6. Obradoiros de abalorios, fieltro e camisetas (AFAES e Asoc.minusválidos de Narón)
  7. Trocoklónico de roupa e complementos usados
  8. Patinaxe (Okupas do Monopatín)
  9. DJ´s (Paco “Opone”, Danny, Killer Radiactive, dj Peis e Dj Susinho)
  10. Obradoiro de corresponsabilidade
  11. Obradoiro de técnicas de ligue (centro Quérote)
  12. Obradoiro de cociña saudable
  13. Obradorio de corresponsabilidade
  14. Obradoiro de hip hop e funky e actuación do grupo  “Funky girls do Val”

Tódalas accións realizaranse o día 6 de xuño no pavillon da mocidade(rua colmeote s/n)na gandara agás a 3ª Kedada de Garffiti de Galicia que realizarase na Estrada de Castela( Casas da Mariña).

 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar