Actividades medioambientais de tempo libre para a mocidade de Narón

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Imaxe do río Xuvia

O Concello de Narón e a Asociación Xuvenil de Tempo Libre Croio firman un convenio de colaboración para realizar actividade medioambientais de tempo libre, dirixidas a mozos e mozas de Narón.

Ao amparo deste convenio, firmado polo alcalde José Manuel Blanco e o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Antonio Ramos Rodríguez, desenvolveranse actividades que contribúan á recuperación e conservación de zonas naturais de propiedade municipal, como a limpeza das beiras do río Xuvia ou a plantación de novas especies arbóreas autóctonas.

O programa de actividades consiste en:

  • Campaña de “aniñamento” (construiranse medio centenar de caixas aniñadeiras, para paxaros de pequeno tamano, que se colocarán na área recreativa do muiño de Pedroso, unha das zonas máis afectadas polo ciclón Klaus).
  • Sementado e plantación de árbores (especies de pouca presenza no concello coma gniko, acacia amarela, acacia de tres espiñas, choiva de ouro, cornello de frol, árbore do coral, aciñeiras, sobreiras, castiñeiro de indias, magnolios, palmeira canaria e piñeiro maritimo, levando a cabo unha prantación posterior unha vez acaden o tamaño axeitado)
  • Inventario de árbores singulares do Concello (incluíndo por primeira vez árbores frutais e arbustos).
  • Limpeza popular das beiras do Río Xuvia (implicando á mocidade na limpeza e conservación medioambiental).

A Asociación Croio desenvolve actividades de promoción, formación e ocio da xuventude –especialmente no medio natural- a quen lle difunde valores que favorecen o coñecemento, o respeto e o amor á natureza. O Alcalde de Narón destacou a importancia de manter campañas coma ésta “xa que implican ós nenos na defensa do medioambiente”, sinalou.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar