Compra o teu ordenador con un préstamo con 0% de interese

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Banner Plan Avanza 2

Se aínda non o coñecías, o Plan Avanza, ofrécenos un préstamo de ata 3.000 € /persoa para pagar nun máximo de 5 anos sen intereses. Estas condicións son só aplicables a estudantes ou mozos de entre 18 a 35 anos.

Condicións

Unha das condicións do préstamo é que se dispoña de conexión de banda ancha (ADSL) ou que no seu defecto se contrate (o préstamo tamén cubriría un ano de conexión). Por este motivo é necesario que se demostre que a conexión ADSL onde vives, ou onde vas a usar o teu ordenador, está ao teu alcance. Se esta conexión está a nome da familia, necesítase un certificado de empadronamento que se solicita no Concello. Este certificado avala que a conexión a Internet que está a nome de outra persoa é a que vamos a utilizar.

Enlace á web do Plan Avanza

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar