Gaña unhas vacacións de 5.000 euros cos premios Europa libre de tabaco 2009

Versión para impresoraEnviar a un amigo
tabac.jpg

Deixástedes de fumar recentemente e queredes explicar como o conseguístedes? Necesitades un incentivo para deixar o tabaco para sempre? Entón, Por qué non probades sorte cos premios Europa libre de tabaco 2009?.

A primeira edición destes premios fíxose no ano 2008 e participaron 9 países europeos. Agora, preséntase a segunda edición, na cal participan 19 países e repartiranse 7.000 euros en vacacións: 5.000 euros para quen gañe a final e 2.000 euros para quen quede semifinalista da categoría "Abandono do tabaco 2009". Os finalistas de cada país serán invitados á cerimonia de entrega dos premios europeos, en febreiro do 2010.

Iolanda Ferran foi a finalista de 2008 e rompeu un hábito cunha forte adicción ao tabaco. O motivo que a fixo decidir a deshabituarse foi comprobar que xente moi fumadora da súa idade e do seu entorno próximo padecían enfermidades de pulmón, de larinxe, etc., e iso fíxoa reflexionar. Iolanda dice: " O que me decidiu foi tamén facelo por solidaridade co meu marido, que fumaba un paquete ao día, e deixámolo os dous á vez, xunto con dúas veciñas máis do noso pobo. Fixemos un grupo informal de terapia, coa médica do Centro de Saúdo Pont de Suert, e vainos moi ben. Tamén me axudou moito os ánimos que nos deron as nosas fillas porque non recaemos, xa que son unha persoa responsable e non me gustaría ferilas".

Dolors Marín, que representa a Rede Europea de Quitlines en España, afirma que: "Os premios europeos organízaronse por primeira vez  no ano 2008 e foron un gran éxito. Agora esperamos historias aínda máis inspiradores. Buscamos persoas que deixaran de fumar e que queiran participar"

Para participar é necesario levar un mínimo de 5 meses sen fumar e telo deixado despois do 1 de xaneiro de 2008. Dispoñedes de tempo ata o 31 de decembro de 2009, para inscribirvos e participar. Só as historias máis inspiradoras pasarán á fase seguinte do concurso.

Os formularios para participar podedes envialos a european.smokefree.awards.2009@gmail.com.

Para máis información, podedes chamar ao 902 111 444.

NORMAS DE PARTICIPACIÓN

  • Ter deixado de fumar entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de xullo de 2009.
  • O prazo de inscrición finaliza o 31 de decembro de 2009.
  • Incluir unha fotografía recente.
  • Ser maior de 18 anos e residir en España.
  • A organización no se fai responsable das inscricións perdidas, estropeadas ou presentadas con retraso.
  • Os resgardos de correo non se aceptarán como probas de entrega.
  • O premio non é en metálico.
  • O criterio de selección final é a cargo dun tribunal e as decisións son definitivas. Non haberá correspondencia.
  • Estar preparados para cooperar na posible cobertura mediática.
  • Estar dispostos a permitir o uso do nome e a fotografía, en todos os materiales producidos pola organización con relación ao premio.
  • Permitir o contacto co seu equipo de saúde para confirmar que realmente se deixou de fumar e para facer unha proba de saliva.
  • Participar significa aceptar estas normas.
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar