O pasado 6 de xuño levouse a cabo o 7º Encontro Local de Mocidade

Versión para impresoraEnviar a un amigo
dj.jpg

O sábado 6 de xuño celebrouse o 7º Encontro Local de Mocidade onde participaron máis de 350 rapaces e rapazas chegados de diferentes puntos de Galicia. Todas as actividades tiveron lugar no Pavillón da Gándara agás a pintada de graffiti que se realizou no muro das Casas da Mariña.

O programa dos encontros do sábado seis de xuño consistiu en:

  1. Exhibición graffiti (30 graffiteiras/os de toda Galicia). De 10:00 a 21:00 h.
  2. Obradoiro de confección de abeloiros. De 10:00 a 13:00 h.
  3. Inicio da mesa de troko de roupa e accesorios. 11:00 h.
  4. Stand informativo da ONG Lena. Dende as 11:00 h. en diante.
  5. Skaters. 12:00 h.
  6. Ximkana Coeducativa. De 11:00 a 12:30.
  7. Presentación catálogo da IV Mostra de Escultura. Ás 12:30 h.
  8. Exhibición de DJ Danny, Killer Radiactive, DJ Peis e DJ Anxo. Dende as 11:00 h. ata a 13:30 h.
  9. Xantar. 14:30 h.
  10. Exhibición DJ + cancións hip hop. De 16:00 h. a 16:30 h.
  11. Baile hip hop e funk ("Funky girls do Val"). De 16:30 h. a 16:35 h.
  12. Obradoiro de camisetas pintadas. De 16:00 h a 19:00 h.
  13. Performance a cargo do grupo "From-ti". De 17:00 a 17:30 h.
  14. Baile hip hop e funky. De 17:30 h. a 17:35 h.
  15. Stand informativo sexualidade. De 18:00 a 20:00 h.
  16. Baile hip hop e funky. De 18:00 h. a 18:05 h.
  17. Exhibición de trial a cargo de David Sellero. De 18:15 a 19:00 h.
  18. Baile hip hop e funky. De 19:05 h. a 19:10 h.
  19. Baile hip hop e funky. De 20:00 h. a 20:05 h.
  20. Actuación musical Escola de Música Moderna + dj's. De 19:15 a 21:00 h.
    1. Transcendent
    2. DJ
    3. Obelisk
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar