servizo público de emprego en Galicia

Versión para impresoraEnviar a un amigo

O Servizo Público de Emprego de Galicia é a denominación baixo a que a Xunta de Galicia realiza as súas funcións de intermediación entre a oferta e a demanda de emprego. Sírvese dunha rede de máis de 250 puntos: 51 oficinas de emprego e máis de 200 centros colaboradores.

Que realiza?

  • Intermediación Laboral

O Servizo Público de Empreo de Galicia ofrece, a través da súa rede de oficinas de emprego, atención personalizada ás traballadoras e traballadores para a intermediación na mellora e calidade da súa inserción laboral e ás empresarias e empresarios a ser atendidos da forma máis adecuada posible para atopar aos traballadores co perfil adecuado para cubrir os postos de traballo que oferten, con toda a celeridade e eficacia posible para que o resultado da xestión sexa o desexado.

  • Distribución territorial de Oficinas de Emprego

Para levar a cabo as tarefas de intermediación e orientación laboral, o Servizo Público de Emprego de Galicia sérvese dunha rede de máis de 250 puntos: máis de 50 oficinas de emprego e máis de 200 centros asociados. Na área de ferrolterra o enderezos das oficinas son as seguintes:

   - O.E. Ferrol - Esteiro: Avenida Vigo. Teléfono 981326011

   - O.E. Ferrol - Centro: Praza Camilo José Cela, Edificio Administrativo, Xunta. Teléfono 981337283

Que servizos ofrece para o demandante de emprego?

  1. Demanda de servizos
  2. Renovación da demanda e DARDE
  3. Ofertas de emprego, adscrición e confirmación de dispoñibilidade
  4. Cursos de formación ocupacional e inscrición
  5. Modificación currículos

 

Teléfonos de atención

   - Para a atención ao demandante: 902125000

   - Para a atención ao ofertante: 902262902

Ligazóns

Portal do INEM

Servizo Público de Emprego

Emprego público

Que é un punto de información do Servizo Público de Emprego?

A Consellería de Traballo pon a disposición dos usuarios un punto de información coa finalidade de facilitar a túa comunicación e xestións co Servizo Público de Emprego.

Nunha primeira fase o PI permite a renovación da demanda de emprego mediante impresión dixital e acceso ás ofertas de emprego en difusión e acceso as páxinas web dos diferentes servizos públicos de Emprego Nacionais e Autonómicos. Nun futuro estará integrado no Portal de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia e ofrecerá todos os servizos do portal orientados ao demandante.

O Concello de Narón conta cun punto de información do Servizo Público de Emprego sito na Casa do Concello no entrechán. Tamén podes ter acceso a este punto chamando ao 981337700.

Outros puntos próximos de información do Servizo Público de Emprego atópanse en concellos como: Mugardos, Fene, Ares,etc.

Outras entidades que debes coñecer

SAPE (Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante)
Ten como obxectivo facilitar información aos estudantes sobre: orientación académica, orientación laboral, orientación educativa e psicolóxica, información xuvenil e autoemprego. Conta coas seguintes unidades: orientación académica, orientación laboral, orientación educativa e psicolóxica, información xuvenil e autoemprego.

Os enderezos son:
A Coruña
Casa do Francés
Campus da Zapateira
CP 15071
Teléfono: 981167050 ext 2904
Fax: 981167075ext 2917
sape@six.udc.es

Ferrol
Rúa Dr. Vázquez Cabrera
Campus de Esteiro
CP 15403
Teléfono: 981337400 ext 3672
Fax: 981337456 ext 3651
sapefer@six.udc.es

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar