EMPREGO

Outras entidades

Que é a CEG?

Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) é unha organización privada e independente, cuxo principal obxectivo fundacional é o fomento do sistema de iniciativa privada e a economía de mercado na comunidade autónoma galega. Como entidade ao servizo da comunidade empresarial, a actividade da CEG céntrase na representación e na defensa dos intereses xerais do empresariado ante as institucións, organismos públicos e axentes sociais.

Que servizos ofrece?

  • Bolsas de traballo a través do seu portal
  • Formación para empresarios, traballadores e desempregados
  • Escola de empresarios

Como contactar?

A CEG está no enderezo: rúa do Vilar, 54 15705 - Santiago de Compostela, A Coruña con teléfono: 981 555 888 e fax: 981 555 882 e e-mail: info@ceg.es

Colexios e asociacións de Empresarias/os

Os colexios profesionais proporcionan información ás e aos profesionais colexiados e colaboran no desenvolvemento e fortalecemento das profesións. Os servizos que ofrecen poden variar duns a outros pero debemos destacar de forma xeral: información xeral sobre a profesión, aspectos laborais, formación, bolsas de traballo, etc.

A Cámara de Comercio e Industria é unha organización ao servizo do empresario, que pon á túa disposición departamentos para axudarche e desenvolver a túa idea empresarial, poñer en marcha a empresa, formación, etc; e ás traballadoras e traballadores axúdalles coa información, orientación, formación, etc.

Organizacións sindicais

As organizacións sindicais teñen o obxectivo de mellorar o emprego e a captación profesional das persoas para o desempeño dos seus traballos. Destacamos entre as súas funcións as relacionadas co emprego e a formación, tanto para desempregadas/os como traballadoras/es. Algunhas destas asociacións son:

FOREM

A fundación Formación e Emprego Miguel Escalera, FOREM, é unha fundación de carácter privado e sen ánimo de lucro, promovida pola Confederación Sindical de CC.OO., para a promoción e a xestión da orientación e a formación para o emprego. A actividade de FOREM en todos os sectores produtivos e en todos os ámbitos territoriais, unido á utilización das novas tecnoloxías da comunicación e da información, permiten xestionar a aprendizaxe para amplos grupos de alumnos, así como deseñar solucións formativas personalizadas, co compromiso de calidade e innovación permanente.

Direccións:

Forem Galicia. Polígono do Tambre. Vía Pasteur 22D. 15890 Santiago (A Coruña)

Forem Ferrol. Polígono da Gándara, p.18-n8. 15407 Ferrol (A Coruña) Teléfono: 981 555 052 FAX: 981 572 616 Correo electrónico: forem_galicia@foremga.ccoo.es

www.foremgalicia.org

FONDO- FORMACIÓN

Ensinanza de formación e perfeccionamento profesional e educación non superior promovida por U.G.T

Localidade: Ferrol ( A Coruña) Polígono da Gándara. Parcelas 15-16 Teléfono: 981330333 FAX: 981330008

FORGA

A loita polo emprego e pola mellora das condicións de traballo é consubstancial coa Confederación Intersindical Galega (CIG). A formación é unha ferramenta máis para acadar estes obxectivos.

Centros FORGA na provincia da Coruña:

Forga Ferrol. Enderezo: Eduardo Pondal 41 - 43 Ent. 15403 Ferrol (A Coruña). Teléfono: 981 350644, Fax: 981 351143 Correo electrónico: ferrol@forga.org

Forga A Coruña. Enderezo: Avda Rosalía de Castro,95. Montrove. Oleiros. A Coruña Teléfono: 981 141530, Fax: 981 141510 Correo electrónico: corunha@forga.org

Sede central Enderezo: Avda. Aeroporto 92 - 1º 36206 Vigo (Pontevedra). Teléfono: 986 27207 , Fax: 986 281295

email: formacionprofesional@galizacig.netsndirxerente@forga.org , snalternativas@forga.org , snmercas@forga.org