EMPREGO

Recursos activos de emprego

Dentro das políticas de emprego, o Concello de Narón vén desenvolvendo diferentes accións dende o ano 1989 que se comentan a continuación:

  • Plan FIP

Programa con diversas especialidades homologadas entre as que se atopan: carpinteiro de Ribeira; carpintería; tapicería de mobles; caldereiro-tubeiro; electricista industrial; soldadura de estruturas metálicas lixeiras; soldadura de estruturas metálicas pesadas; mantedor de estruturas metálicas; polimantedor de edificios e equipamientos urbanos; albanelería; fontaneiro; electricista de edificios; electronicista básico de edificios; auxiliar de axuda a domicilio e auxiliar de enfermería en xeriatría.

  • Programa de iniciación profesional xeral

Programa que conta cos cursos de informática (Dirixido a persoas que necesitan mellorar as súas competencias e coñecementos de aplicacións informáticas); iniciación ás construcións metálicas (dirixido á mocidade que non ten formación profesional finalizada e con experiencia laboral nula ou escasa) e iniciación á carpintería de madeira (dirixido á mocidade que non ten formación profesional finalizada e con experiencia laboral nula ou escasa).

  • Programa de iniciación profesional da muller

Programa no que se imparte formación de tapicería; xardinería e accións formativas varias programadas segundo as necesidades detectadas e que pretenden dar oportunidades de acceso ao mundo laboral ás mulleres desempregadas.

  • Programa de formación nas novas tecnoloxías, alfabetización informática

Accións formativas que pretenden achegar ao mundo das novas tecnoloxías e a informática ás usuarias e usuarios que non están familiarizados con el.

  • Programa de iniciación profesional e apoio ao emprego

Accións formativas para persoas con discapacidade: Co obxectivo da integración laboral en especialidades demandadas polas agrupacións de discapacitados.

Talleres de compensación social: Pretende acadar habilidades profesionais e sociais para unha mellor integración social, laboral e familiar e/ou educativa.

Talleres de emprendedoras/es: Acción que contén un período formativo para un sector profesional concreto e para a creación dun proxecto empresarial con asesoramento e apoio durante seis meses.

  • Programa de cooperación coas empresas

Proxectos de formación de persoal de empresas: Accións que se concretan en utilización de instalacións e equipamento, ou persoal docente por petición de empresas para os proxectos internos de formación de recursos humanos; ou ata, deseño e programación de proxectos de formación por petición das propias empresas.

Prácticas non laborais de alumnos/as en formación: Por medio de convenios e acordos coas empresas de Narón e comarca realízanse períodos de prácticas non laborais de alumnado formado no centro municipal nas distintas especialidades.

Convenios para a formación e fomento do emprego: Acordos con entidades asociativas e institucións públicas ou privadas para a operativización de proxectos formativos e/ou de creación e fomento de oportunidades de emprego.

Programa de cooperativas de traballo comunitario: Programa no que se pretende fomentar o cooperativismo entre os membros da comunidade.

Programa institucional de microcréditos: Instrumento financeiro para promover e operativizar proxectos de microempresas ás persoas que non dispoñan de financiamento propio suficiente.

Convenio de colaboración coa asociación Briante na área de formación e inserción laboral. Bolsa de emprego e asesoramento a emprendedores/as.

Programa de accións institucionais en materia de formación e emprego no rural: Destinado a fomentar accións de formación e emprego no medio rural.

Programas de cooperación para o fomento do emprego e contratación de desempregados/as: Implica a contratación de traballadores/as desempregados/as para a realización de obras e servizos de interese xeral e social no Concello de Narón, para que a través da formación e a experiencia no traballo real, melloren na súa ocupabilidade co obxectivo de acadar a súa inserción laboral.

  • Plan Experimental de Emprego

Entre os anos 2006-2007 levouse a cabo no concello o Plan Experimental de Emprego: ex-traballadores de Unicen, cos que se traballou para acadar a inserción laboral deste colectivo pertencente a unha empresa en creba. A porcentaxe de inserción foi do 55%.

Plan Experimental de Emprego Construnar 2008-2009 que ten como obxectivo inserir profesionalmente a 50 persoas desempregadas do Concello de Narón.

  • Técnica de emprego

Impartición de módulos de 10 horas de acercamento ao mundo laboral (busca activa de emprego) baseado en destrezas e habilidades para a localización efectiva de traballo.

O módulo de presentación a empresas do Fondo de Recursos Humanos capacitados laboralmente, estratexia de divulgación de demandantes e das súas competencias profesionais. 

Disposición da figura de “visitador de emprego”, técnico que visita empresas para ofertar e ofrecer empregos, localiza necesidades empresariais e oferta “á carta” recursos profesionais.

PUNTO DE INFORMACIÓN: DESCRIPCIÓN DA EXPERIENCIA EN ACCIÓNS DE INFORMACIÓN PROFESIONAL E ORIENTACIÓN E BUSCA DE EMPREGO

Dentro do programa de información profesional, proporciónase información a cada usuario demandante de emprego  acerca das actuacións que leva a cabo o Servizo Público de Emprego, así como pautas básicas sobre a situación do mercado laboral.

No que se refire ao programa de orientación laboral e procura de emprego, estas accións realízanse de forma personalizada, coa finalidade de avaliar o perfil curricular de cada demandante, actuando ao mesmo tempo sobre as súas aptitudes e capacidades, e establecendo actuacións tendentes a adecuar os seus intereses e motivacións á situación actual do mercado de traballo.

Tamén coa finalidade de evaluar o perfil curricular de cada demandante, actuando ao mesmo tempo sobre as súas aptitudes e capacidades, e establecendo actuacións tendentes a adecuar os seus intereses e motivacións á situación actual do mercado de traballo.

Tamén poderán desenvolverse accións colectivas, dirixidas á adquisición das capacidades básicas que lles permitan aos demandantes articular itinerarios activos e eficaces na procura de emprego.

En canto ás tarefas de información, captación e tratamento de ofertas, este labor consiste en proporcionarlles ás entidades información das accións que realiza o Servizo Galego de Colocación así como o tratamento das ofertas de traballo que presentan, axudando ao empresario na definición do posto de traballo ofertado e do perfil profesional necesario para cubrir esa oferta, introducindo estes datos na rede informática do Servizo Galego de Colocación, e comunicando a pre-selección dos candidatos máis acertados de acordo cos criterios especificados.

Para máis información: Concello de Narón. Servizo Sociocomunitario Tlf: 981337700