EMPREGO

Traballar no estranxeiro

Red Eures

Se estás considerando a posibilidade de iniciar a túa carreira en Europa, podes empezar informándote da oferta de emprego procedente de países da Unión Europea no Servizo Público de Emprego, a través da Red EURES.

EURES é unha iniciativa da Unión Europea que nace co obxecto de axudar á cidadanía da UE, os países da AELC (Noruega, Islandia e Liechtenstein), e Suiza a atopar traballo no estranxeiro durante todo o ano, á vez que pon á túa disposición unha rede de máis de 700 conselleiros. O acceso e a utilización da rede EURES son gratuítos para as traballadoras e traballadores e as e os empresarios.

Contacta con eles a través da Oficina de Coordinación na provincia da Coruña. Praza Rafael Dieste s/n. 15009 A Coruña. 981 294 533

Au Pair

Au pair é unha forma de traballo no estranxeiro que se realiza convivindo cunha familia. A cambio do coidado dos nenos e de axudar nas tarefas domésticas, ofrécese aloxamento, mantemento e unha pequena remuneración.

A estancia au pair adoita ser entre 6 meses e un ano, e a xornada laboral adoita ser, como máximo de 5 horas diarias. O resto do tempo, a familia ten que recoñecerche o dereito do teu tempo libre para asistir a clases de idioma ou a outras actividades. Normalmente, terás dereito a un día libre, como mínimo, á semana.

As características do traballo de au pair poden variar en función do país elixido, pero de forma xeral, son as seguintes:

  • Idade entre 18 e 30 años. Por exemplo, en Gran Bretaña, a idade máxima é de 27 anos
  • Coñecemento mínimo do idioma do país de destino
  • Valórase ter o permiso de conducir
  • Normalmente, as familias prefiren mozas, aínda que nalgúns países tamén aceptan mozos

Webs de interese

www.galiaupair.com

www.aupair.com

world.net

Portais web que ofertan traballos de verán no estranxeiro

http://www.studentjob.es Traballos de verán en España e no extranxeiro.

http: www.jobmonkey.com Portal de traballo no extranxeiro: temporal, de verán,...

http://naceweb.org Portal que contén bases de datos cos traballos para graduados e estudantes en Estados Unidos. Tamén prácticas.

En castelán http: www.summerjobs.com Portal especializado en traballos de verán no territorio estadounidense e tamén para outras partes do mundo.