BENVID@S

Benvid@s

Dameuntoke é unha xanela aberta aos ventos de renovación da mocidade de Narón. Un espazo virtual para a mocidade, unha ferramenta útil, accesible e práctica que ten intención de incorporarse aos formatos web 2.0. e abre a posibilidade de abordar temas vitais como o emprego, a vivenda, a saúde e tamén aspectos máis lúdicos: música, viaxes, cine…

Imaxe
Imaxe benvidos

Dameuntoke é un espazo virtual xuvenil onde atopar información básica para linkarse cara outras fontes de información e consulta de maneira segura.

Dameuntoke é o primeiro paso dun camiño dixital ao que se irán incorporando espazos para a participación interactiva, a vosa opinión e as vosas propostas.

Dameuntoke é un compromiso da Concellería de Mocidade para que Narón estea presente na nosa viaxe cotiá pola cibergalaxia.

Aquí estamos, se necesitas algo dameuntoke e kedamos.

Natalia Hermida Rico. Concelleira de Mocidade e Deportes

Atención ó público
Luns de 11:00 a 13:00 horas
3ª planta do Concello