NOVAS

10 anos da Biblioteca do Alto: 23 de abril, Día do Libro

Publicado o 23 de Abril de 2013

Parabéns para ti, parabéns para tiiiiii....10 anos de vida!! A Biblioteca do Alto cumpre hoxe 10 anos!!

Para os despistados e despistadas, a Biblioteca do Alto, está no barrio do Alto, na rúa 25 de xullo. Este edificio foi inaugurado hai 10 anos, coincidinco na data co Día do Libro. Pero a historia da Biblioteca Municipal de Narón, remóntase ao ano 1986, cando foi aberta na súa primeira ubicación na Casa da Cultura. 17 anos máis tarde, ¡en plena adolescencia!, foi trasladada á súa nova sede: ese edificio circular tan característico.

A Biblioteca do Alto en cifras

  • Xa por aquel entón, esta entidade contaba con 8860 soci@s. Hoxe en día, conta case co doble de socios, ascendendo a cifra a 14617 persoas.
  • Nos últimos 10 anos, a Biblioteca Municipal creceu en 5757 soci@s, cun incremento de 575 soci@s ao ano.
  • A media de usuarios atendidos durante o día é de 207 persoas. No ano 2003 atendíanse 120 de media.
  • O número de préstamos anuais no 2012 foi de 19431 volumes. No 2003, hai 10 anos, prestáronse case a metade de libros: 12204 volumes.

A Biblioteca anda a todo trapo!

O cumpreanos

  • A Biblioteca Municipal, dependente da Concellería de Educación, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, organizou unha sesión de contacontos a cargo de Pedro Brandariz (http://www.blogoteca.com/pedrobrandariz/). Cando? Hoxe, día 23. Hora? Ás 18:00, cunha duración aproximada dunha hora. Pode ir calquera? Si, pero tedes que reservar praza antes na Biblio. 
  • Despois desta actividade, o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Educación, María del Carmen Espada, visitarán as instalacións para coñecer as últimas novedades bibliográficas

 

Os horarios da Biblioteca

Cando abre a Biblioteca? A Biblioteca Municipal do Alto (http://biblioteca.naron.es) ten o seguinte horario:

  • luns a venres de 9:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 21:00 horas,
  • os sábados de 10:00 a 13:00 horas.

 

Servizos

Neste edificio, podedes dispor dos seguintes servizos:

  1. Lectura en sala
  2. Préstamo a domicilio
  3. Información bibliográfica
  4. Boletín de novidades
  5. Solicitude de adquisicións
  6. Formación de usuarios
  7. Sección local
  8. Hemeroteca (Que é eso de hemeroteca? revistas e prensa)
  9. Sección infantil e xuvenil
  10. Acceso a Internet
  11. Actividades culturais
  12. Servizo de orientación ás familias

 

Sobre o Servizo de Orientación ás Familias

Comezou a funcionar en outubro do 2012, e xa ten 71 familias inscritas. Parece unha boa idea!! Estas familias reciben periódicamente información sobre as novidades infantís destacadas, e sobre as actividades de animación á lectura. Ademáis hai 60 persoas suscritas ao boletín de novidades, aínda que a súa consulta se pode facer directamente dende Internet.