NOVAS

1000 novas revistas Dameuntoke na rúa! Coidado andan soltas!!

Publicado o 13 de Decembro de 2012

Disque xa viron na rúa un novo número da revista Dameuntoke... Chachi!

Disque xa viron na rúa un novo número da revista Dameuntoke... Chachi!

E con este xa van 7 números. Desta vez a tirada é de 1000 exemplares, distribuidos en diferentes puntos do Concello onde acostuma a xuntarse xente nova: Colexio Ayala, Colexio Santiago Apóstol, Colexio Jorge Juan, CPI O Feal, IES As Telleiras, IES Terra de Trasancos, Casa da Mocidade, Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara, Pazo da Cultura, Biblioteca, e no Concello.

Que ides poder atopar neste número? Con que contaminamos as vosas mentes nesta ocasión?

Sabedes o que é o Parkour? É unha pasada... Ides alucinar co que fan Antón e os seus amigos. Pasamos unha tarde con eles facendo Parkour en Santa Icía. E as fotos que sacamos: unha chulada!

Tamén tedes na revista o habitual resumo do X Encontro Local da Mocidade que se celebrou en xuño en Narón, e que ten carácter anual. Lembraredes un pouco o que alí aconteceu...que chulos quedaron os graffitis do Pavilón da Mocidade!

E, como non! Teredes tamén algún consello para mercar ordenadores ou móbiles, por se andades algo perdidiñ@s, e información sobre os cambios no sistema educativo e as axudas que nos ofrece o Concello aos estudiantes.

Para quen lle gusten os libros e sexa un pouco ratiñ@ de biblioteca, temos tamén unha selección de libros recomendados (todos eles disponibles na Biblioteca Municipal do Alto).

Non tedes excusa...é de balde! Collede unha, que voan!!