NOVAS

22 Becas da Fundación Ramón Areces para estudos postdoctorais en Ciencias da Vida e da Materia

Publicado o 07 de Febreiro de 2013

A Fundación Ramón Areces dispón de 22 bolsas para estudos en universidades e centros de investigación no extranxeiro, durante o vindeiro curso académico 2013/14.

A Fundación Ramón Areces dispón de 22 bolsas para estudos en universidades e centros de investigación no extranxeiro, durante o vindeiro curso académico 2013/14.

As investigacións terán que abordar os seguintes temas relacionados coas Ciencias da Vida e da Materia. A convocatoria do presente ano está orientada a diferentes eidos do mundo científico:

    •    Biomediciña
    •    Química
    •    Física e Matemáticas
    •    Cambio climático
    •    Ciencias do mar

 Os requisitos que teñen que cumprir @s candidat@s son, entre outros:

  • Ter a nacionalidade española
  • Ter o título de Doutor por unha universidade española ou extranxeira no momento da presentación da solicitude.
  • Estar admitido nun centro de investigación ou universidade extranxeiros no curso 2013/14
  • Coñecer suficientemente o inglés ou o idioma do país de destino

As bolsas concédense por un ano, e a cuantía é de 2200 € mensuais. Inclúese un seguro por enfermidade e accidentes para o bolseiro. O prazo para presentar as candidaturas remata o 27 de Marzo do 2013 e os seleccionados coñeceranse en xuño deste ano.

Se vos interesa e credes que cumprides cos requisitos, tedes a información completa sobre estas becas na web da Fundación Areces: http://www.fundacionareces.es/fundacionareces/cargarAplicacionAgendaEventos.do?idTipoEvento=3&identificador=1489&nivelAgenda=2