NOVAS

236 prazas para Profesores Visitantes en Estados Unidos de América e Canadá

Publicado o 07 de Xaneiro de 2013

Máis axudas?

Pois si! Desta volta hai 236 axudas para Estados Unidos ou Canadá, que vos parece a idea?

As axudas son para exercer como profesores visitantes en centros escolares de Ensinanza Primaria e Secundaria durante o curso académico 2013-14.

Piden como requisitos:

  • ter a nacionalidade española
  • dominar o inglés, oral e escrito
  • non padecer enfermidade que imposibilite o exercicio da docencia
  • estar titulado como mestre/a ou ter unha licenciatura ou Grao

 

Ata cando podedes solicitar estas axudas? O prazo para solicitar algunha destas axudas remata o 19 de xaneiro do 2013

É interesante, non si? Necesitades máis información? Pois a podedes atopar no BOE do 19 de decembro de 2012 e en:

www.educacion.es/educacion/actividad-internacional

https://www.educacion.gob.es/horizontales/servicios/profesores/convocatorias/espanoles/visitantes-EEUU-canada.html

Vémonos en California? Let´s go!