NOVAS

24 pisos entregados no Concello de Narón

Publicado o 15 de Abril de 2013

Estades pensando en marchar da casa, independizarvos...? Pois estade atentos e atentas a este tipo iniciativas!

O venres pasado entregáronse no Concello de Narón as chaves de 24 vivendas de promoción pública situadas na rúa Telleiras, na zona de Xuvia. Que chulada de sitio!

Quedan 11 vivendas vacantes no mesmo edificio pero en proceso de adxudicación, posto que xa foron sorteadas entre os inscritos no Rexistro de Demandantes. Están á espera de que as persoas adxudicatarias confirmen o seu interese.

  1. 19 destes pisos, foron adxudicados en réxime de alugueiro, cunha cota mensual que vai entre os 62,29 € e os 157,53 €, non está mal, non si?
  2. Os 5 restantes foron adxudicados en réxime de compravenda, con prezos que van dende os 40703 € e os 62921 €. Estes prezos foron establecidos en función da superficie da vivenda e dos ingresos dos familiares, nos dous casos.

No acto de entrega estivo o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado de diferentes autoridades, quen felicictou aos adxudicatarios por dous motivos: por ser de Narón e por ter recibido os seus pisos.

Sen dúbida, teremos que estar atentos a este tipo de iniciativas, son un bo punto de partida para iniciar a nosa vida independente.