NOVAS

3ª edición do Depornadal, sexamos solidari@s!

Publicado o 06 de Decembro de 2012

A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou o programa “Depornadal Solidario 2012” que se celebrará en Narón os días 26, 27 e 28 de decembro de 2012 e o 2 e 3 de xaneiro de 2013.

A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou o programa “Depornadal Solidario 2012” que se celebrará en Narón os días 26, 27 e 28 de decembro de 2012 e o 2 e 3 de xaneiro de 2013.

É un programa para xente noviña de entre 6 e 12 anos de edade, que estean empadroados no concello. Os que se inscriban van poder practicar dúas actividades diarias de hora e media de duración. Os horarios previstos van ser de 10:00 a 11:30 horas e de 11:30 a 13:00 horas, e de 16:00 a 17:30 horas e de17:30 a 19:00 horas, sempre en función da xente que se apunte.

En función da actividade, teredes que achegarvos ao Polideportivo da Gándara, ao Pavillón da Mocidade, ao School Padel Center en Río do Pozo ou ao San Mateo Centro de Padel.

Estades a tempo aínda para apuntarvos ou apuntar aos peques da casa, o prazo ábrese o vindeiro día 10 de decembro e permanecerá aberto ata o día 18. Tedes que ir a apuntarvos ao Complexo Polideportivo da Gándara, polas mañás nas oficinas (de 9:00 a 13:00 horas) e polas tardes na conserxería (de 15:15 a 23:00 horas).

Os deportes que ofertan para este "Depornadal Soldario" son os seguintes: tenis de mesa, tiro con arco, natación (hai que saber nadar e traer bañador, gorro e chanclas), judo, balonmán, voleibol, fútbol-sala, baloncesto e padel. Cada día realizaranse dous deportes diferentes. É unha boa oportunidade para ver se tedes algunha oportunidade de ser como Iria Grandal (tiro con arco), Alicia Fernández Fraga (balonmán) ou Sergio Trillo (judo).

Se ides participar deberedes levar roupa axeitada, non se vos ocurra ir en vaqueiros á piscina!

Os grupos e reparto de actividades poderanse consultar na páxina web do Concello de Narón e nos taboleiros de anuncios dos pavillóns municipais de Narón, a partir do 19 de decembro. O xoves día 3 de xaneiro, de 10:00 a 13:00 horas, realizarase a actividade de Padel no School Padel Center e no San Mateo Centro de Padel.

Esta actividade non podería celebrarse sen a colaboración dos seguintes clubes naroneses:

  • Clube Cidade de Narón de balonmán
  • Clube Arco de Narón de tiro con arco
  • Agrupación Deportiva Náutico de Narón de natación
  • Club Narón Volea de voleibol
  • Club Tenis de Mesa Narón
  • School Padel Center
  • San Mateo Centro de Padel
  • Agrupación Deportiva Santiago Apostol de baloncesto
  • Judo Club Narón

 

A Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, agradeceu a participación destas entidades e sinalou que o programa Depornadal ofrece ós/as nen@s “a posibilidade de pasar as vacacións de nadal practicando deporte, tendo contacto directo con aquelas actividades que nunca practicaron, e coñecendo polo tanto a oferta deportiva que lles ofrece o noso concello”.

Pero por que lle chaman Depornadal Solidario? Porque este ano engádeselle ó programa un valor solidario xa que se propón aos participantes que doen un xoguete dos que xa non utilizan, e o depositen no Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara. Estes xoguetes van ser entregados a Cáritas para axudar a que aqueles rapaces e rapazas que non teñen recursos poidan, como concluíu Natalia, "recibir un regalo na noite de reis, e ao mesmo tempo estaremos inculcando ós nosos/as fillos/as o valor da solidariedade”.

Xa sabedes, non? Todo o mundo a levar xoguetes á Gándara! Xa estamos tardando!