NOVAS

A 6ª XIRA GALEGA DE KARTING CHEGA A NARÓN O XOVES 7 DE XUÑO

Publicado o 05 de Xuño de 2012

Este xoves 7 de xuño chega a Narón o circuito urbano de karting da Xira Galega de Karting, que se instalará no Aparcadoiro do Pazo da Cultura ao longo da vindeira fin de semana.

A actividade está promovida polo Concello de Narón a través do Padroado de Deportes, que nesta ocasión conta co patrocinio de "La Caixa", así como diferentes empresas comerciais que ofrecen soporte á Xira Galega de Karting. O circuito inaugurarase o día 7 e permanecerá aberto ata o domingo 10.

A celebración deste evento coincide co 25º aniversario do Rallye de Narón. Con motivo deste acontecemento a Concellería de Deportes quería facer partícipe a todo a sociedade naronesa e en especial aos máis novos dunha actividade relacionada co automobilismo.

Os escolares de Narón, de 5 e 6 de Primaria poderán disfrutar, en horario lectivo, dunha sesión completa de pilotaxe gratuitamente, grazas á colaboración da Concellería de Deportes e Mocidade do Concello, nun horario reservado o xoves 7 e o venres 8, de 10 a 14 horas.

Os nenos a partir de 8 anos (ou 135 cms) disporán de 6 karts infantís cun motor Honda de 120 cc, con sistema de seguridade a distancia, polo cal o director de carreira pode desceleirar manualmente a calquera coche en pista. Os adultos disporán de 6 karts Honda de 200 cc con embrague 2:1. Trátase de motores potentes e elásticos, fáciles de conducir sen renunciar a nada. Como novidade, a Xira Karting pon a disposión do público un kart bipraza para os máis pequenos que aínda non poden conducir. Os nenos e nenas asistentes probarán a velocidade do circuito e terán a oportunidade de sentirse condutores por un día.

Xira Galega de Karting é unha verdadeira experiencia automovilística, a bordo de vibrantes karts coa seguridade máis completa, sen necesidade de comprar ou alugar calquera equipamento. Ofreceráselles unha sesión de pilotaxe, con tódolos materiais (casco, protector...) incluidos. Tamén haberá unha xornada en familia con xogos, hinchables para nenos/as e agasallos. Non en balde, moitos dos pilotos de Fórmula 1 e rallies actuais naceron nesta canteira do motor, e incluso hoxe en día o consideran unha gran forma de comezar as pretempadas.

O horario oficial é o seguinte:

Mañás: xoves e venres de 10 a 14 horas (reservado escolares Concello de Narón), e sábado e domingo de 12 a 14 horas.
Tardes: xoves a domingo, de 17 a 22 horas.

A tarifa estándar é dende 7€ nenos e 10€ adulto, cunha duración de manga de aproximadamente cinco minutos. Hai tarifas con desconto dende 3,50€ nenos e 5€ adultos. Atendendo á solicitude de descontos, é posible acceder con grandes promocións en taquilla, a través da web e redes sociais, carné xove, e invitacións da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) e co carné de familia numerosa.