NOVAS

8 de Abril: Día Internacional do Pobo Xitano

Publicado o 08 de Abril de 2013

Hoxe é o Día Internacional do Pobo Xitano.

Ás 12:00 horas, está prevista unha lectura do Manifesto Xitano a cargo do noso alcalde José Manuel Blanco (Alcalde de Narón), Catalina García (Concelleira de Participación Cidadá e Acción Social), representantes da Fundación Secretariado Xitano, e persoas de etnia xitana.

Ao longo de todo o mes imos poder asistir a diferentes actos conmemorativos desta data:

  • Hoxe, luns 8 de abril ás 12:00 horas na Praza de Galicia: lectura do Manifesto redactado con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano (adxúntase o documento). Ademáis, lanzaranse ó aire globos coas cores da bandeira xitana (azul, verde e vermello).
  • Luns 8 de abril: lectura do Manifesto Xitano nos centros escolares onde cursen estudos rapaces e rapazas de etnia xitana.
  • Venres 12 de abril: ás 17:00 horas celebrarase a Cerimonia do Río, en Freixeiro, cun acto floral e a lectura do Manifesto.
  • Venres 12 de abril: ás 18:00 horas no Centro de Maiores ‘Manuela Pérez Sequeiros’ se realizará unha convivencia intercultural, e se invitará á degustación do café xitano que elaborarán as propias mulleres.
  • Ao longo de todo o mes: Charlas de sensibilización sobre a cultura xitana, en centros escolares de Narón, ó longo deste mes (en datas aínda sen concretar).

 

Dende o Concello pedíuse respeto por parte da sociedade á cultura xitana e tamén unha maior participación por parte destas mulleres nos cursos de Alfabetización, Hixiene e Economía Doméstica que organiza dende fai anos o Concello de Narón, de outubro a maio.

Ademáis, lembraron a todos que se mantén un acordo de colaboración coa Fundación Secretariado Xitano para promover a integración das persoas desta etnia na sociedade.

Con estes actos, pretenden que todos e todas coñezamos e respetemos esta cultura e as súas formas de ser e de estar, respetando ás persoas por ser persoas, non pola etnia á que pertenzan.

Calcúlase que en Narón existen aproximadamente 300 persoas de etnia xitana. Merece a pena non perderse o que esta xente nos pode ofrecer.

Se queredes ler o Manifesto Xitano, podedes descargalo aquí: