NOVAS

Aberto o prazo de inscrición nun curso de “Teletraballo, renións en liña e capacitación online” e outro de “Deseño gráfico con Canva” na Aula Cemit de Xuvia

Publicado o 10 de Maio de 2022

A Aula Cemit de Xuvia acollerá dous cursos, un sobre “Teletraballo, reunións en liña e capacitación online” e outro de “Deseño gráfico con Canva”.

A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, informou da apertura, onte, do prazo de inscrición, de balde, nestas accións formativas a través da plataforma Cemit da Xunta de Galicia. As prazas dispoñibles, doce para cada unha das convocatorias, cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

O curso de “Teletraballo, reunión en liña e capacitación online” ofrece un total de 12 vacantes e impartirase do 19 ao 27 de maio en horario de mañá, de 9.30 a 13.30 horas. Xestión do correo, tarefas e axenda dixital, reunións en liña (teams, zoom e Googlemeet), almacenamento na nube, mensaxería a tempo real e xestión de proxectos en liña con Trello son os temas que se abordarán nas 28 horas de duración desta acción formativa. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo dende hoxe a través do enlace:

https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/38742. 

A outra opción é un curso de “Deseño gráfico con Canva”, de 32 horas de duración e tamén con 12 prazas. As sesións impartiranse do 19 ao 30 de maio en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas e o contido inclúe entre os temas: edición de fotos con Canva, creación dun libro virtual, dun deseño con formato personalizado, creación de logotipos, infografías, menús para restaurantes e cafeterías, cabeceiras para Youtube, miniaturas, pósters, publicacións para redes sociais e tarxetas profesionais. Aquelas persoas que desexen anotarse terán que inscribirse no enlace:

https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/38741.