NOVAS

Adiada a proxección da película “Tadeo Jones 2. El secreto del Rey Midas”

Publicado o 22 de Outubro de 2020

O evento aprázase polas previsións meteorolóxicas

A proxección da película “Tadeo Jones 2. El secreto del Rey Midas” prevista inicialmente para o vindeiro sábado en Xuvia, enmarcada no ciclo “Noites de autocine” organizado polo Concello en colaboración coa Asociación Veciñal Altea de Xuvia, queda posposta polas previsións meteorolóxicas adversas anunciadas para ese día.

Así o indicou a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, que explicou que dende o Concello e a Asociación Veciñal Altea se anunciará a nova data para a proxección en canto sexa posible levala a cabo.