NOVAS

AQUAVENTURA 2013

Publicado o 22 de Xaneiro de 2013

Máis ofertas

Máis ofertas por ter o Carné Xove!!

Nesta ocasión as actividades están organizadas arredor do líquido elemento: A AUGA.

Unha pasada!! As actividades son unha pasada, para xente con ganas de aventura: ruta en barco, ruta en piragua, escalada, rappel, tirolina extrema, circuíto multiaventura, tiro con arco...

AQUAVENTURA realizarase nos seguintes fins de semana:

  • Xullo: 5-6-7 / 12-13-14 / 19-20-21 / 26-27-28
  • Agosto: 2-3-4 / 9-10-11 / 16-17-18 / 23-24-25 / 30-31-1
  • Setembro: 6-7-8 / 13-14-15 / 20-21-22

 

Esta actividade costa 69 €, e inclúe:

  • Pensión completa dende a cea do venres ata o xantar do domingo.
  • aloxamento nun albergue. É necesario traer saco de durmir, roupa de aseo , roupa deportiva,...
  • Actividades a realizar durante o fin de semana
  • Sábado noite: velada chillout con barra libre de rocketfuel.
  • Incluído o seguro de responsabilidade civil, monitores e IVE.

 

Hai un máximo de 30 prazas por fin de semana, e tédesvos que inscribir con 5 días de antelación.

documentación necesaria é a seguinte:fotocopia do DNI, xustificante do pagamento e fotocopia do Carné Xove en vigor.

Para coñecer mellor as condicións podedes poñervos en contacto con www.naturmaz.com, nos teléfonos: 610 550 524 - 676 727 261; ou no email: info@naturmaz.com

Máis información sobre o Carné Xove, na OMIX do noso Concello, na primeira pranta do edificio municipal; no seu teléfono: 981337700 ext 1103 ou usando o correo electrónico: omix@naron.es

Aproveitade!!