NOVAS

Bacharelato en Canadá? Oh, Yes!

Publicado o 30 de Xaneiro de 2013

Mola viaxar, non si?

Aquí tedes unhas bolsas para que estudedes o Bacharelato en Canadá, está o suficientemente lonxe para que sexa moi interesante!!

O programa "Estudia en Canadá" convoca 100 bolsas para cursar 1º de Bacharelato nun Instituto canadiense, durante o curso escolar 2013-2014. Estas bolsas propoñen unha inmersión total na cultura e no sistema educativo canadiense.

Pode ir calquera? Non, como en case todo hai unha serie de requisitos:

  • estar inscrito como alumno de 4º da ESO (Educación Secundaria Obrigatoria) no momento de facer a inscrición
  • Nota media igual ou superior a 8,00 puntos en 3º ESO
  • Nota final da materia de inglés en 3ºESO igual ou superior a 8,00 puntos
  • Certificado da Renda: Achegar documentación spbre a situación familiar, a través dun certificado IRPF do último ano, emitido pola Axencia Tributaria

 

Hai que enviar o formulario coa documentació requerida dende a web oficial destas axudas, en formato PDF ou JPG, cun tamaño máximo de 2MB.

Estas bolsas "Estudia en Canadá" inclúen:

  • Preparación e saída
  • Estanza en Canadá
  • Regreso á cidade de orixe

 

O prazo de inscrición remata o vindeiro 22 de febreiro do 2013. Tedes ata ese día para convencer ás vosas familias!!

A web onde obteredes toda a información que necesitades, e onde poderedes descargar os formularios é esta: http://www.becasestudiaencanada.org/inicio