NOVAS

Bolsa do Goberno Chinés 2013-2014

Publicado o 25 de Marzo de 2013

China?? Si, China, xa sabemos que está moi lonxe! Pero...molaría moito poder viaxar e coñecer un pouco máis desa misteriosa cultura!

Pois esta é a nosa!! O Ministerio de Educación da República Popular China convoca para o curso académico 2013-2014 trece prazas da bolsa do goberno chinés de acordo cun Convenio Bilateral que manteñenen co Goberno Español para cidadáns españois.

As condicións, como noutras ocasións, son ser universitari@ ou ter un título de grao ou superior.

A documentación a obteredes na plataforma do CSC. O formulario de solicitude énchese online: http://laihua.csc.edu.cn

Se queredes saber que universidades e centros docentes chineses aceptan bolseir@s extranxeir@s visitade: http://www.csc.edu.cn/laihua/universitysearchen.aspx

Os prazos? Pois como data límite da solicitude tedes ata o 1 de abril de 2013.

Para máis información e contacto:
Oficina de Asuntos Educativos da Embaixada da República Popular China en España
C/Matías Turrión 28, 1ºB 28043 (Madrid)
Tfno: 913 88 39 88

Ou no emailembajadachinaeducacion1@gmail.com

Tamén en:

Fundacion Universidad.es
C/Albacete 5, 1º28027 (Madrid)
Tfno: 916 038 226 
director.estudiantes@universidad.es

Máis información:
http://www.embajadachina.es/esp/zxdt/t1009970.htm