NOVAS

¿Botamos unhas carreiras? II Carreira Solidaria Décimas Narón

Publicado o 27 de Setembro de 2012

O vindeiro domingo 30 de setembro celebrarase a II Carreira Solidaria Décimas Narón no barrio de A Gándara.

Esta II Carreira Solidaria Décimas Narón esta organizada pola ONG Lena en colaboración coa tenda deportiva Décimas (situada no centro comercial Alcampo) e o Club de Atletismo Afflelou Narón.

O evento deportivo terá a saída e a meta na praza de A Gándara. As inscricións poden realizarse ata mañá xoves 27 de setembro ás 20:00 horas e as podedes facer on-line en calquera das seguintes páxinas:

  • Categoría  absoluta: tedes 3 opcións:

1ª.   Mediante inscrición e pago a través da pasarela  SEGURA  de pago en championchipnorte

2ª.   A través do correo electrónico  da ONG Lena (onglena@onglena.org) achegando os seguintes datos: DNI con letra, Nome e Apelidos, Sexo, data de nacemento completa  (dd/mm/aaaa), correo electrónico/teléfono de contacto e empresa, club, colectivo ou entidade ao que pertencen. Previamente  a inscribirse será preciso realizar o ingreso a través de calquera das seguintes contas: La Caixa: 2100 -1831 – 33 – 0200092185 ou Novagalicia Banco: 2080 0235 91 3040001240, poñendo como ordenante o nome completo do corredor ou corredora e como concepto: Inscrición Carreira  Solidaria.

3ª. Presencialmente (inscrición e pago) na tenda Décimas Ferrol en Alcampo.

prezo  da inscrición  é  de 5 euros para a carreira  absoluta. As categorías menores non pagan.

Establécense as categorías masculina e feminina e, dentro destas, as seguintes:

  • Biberóns: nad@s en 2008 e 2007
  • Pitufos: nad@s nos anos 2006, 2005
  • Benxamín: nad@s en  2004 e 2003.

Xa o sabedes, se vos presta ir botar unhas carreiras ¡vémonos o sábado na Gándara!