NOVAS

Camiño do Emprego III: entrega de diplomas

Publicado o 27 de Febreiro de 2013

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez

entregaron os diplomas de dous dos cursos pertencentes ó programa Camiño de Emprego III, financiado con fondos municipais e dirixido a persoas desempregadas con domicilio en Narón.

Desta volta, remataron os seus estudos con éxito 40 alumn@s participantes nas accións formativas: "Prevención de riscos laborais no sector da construción" e "Atención ao público".

  1. "Prevención de riscos laborais no sector da construción" desenvolveuse do 18/01/2013 ó 04/02/2013. En total: 60 horas de formación para 25 alumn@s. A formación estivo relacionada coa seguridade e a saúde, coñecendo os riscos do sector da construción e a xestión da súa prevención.
  2. "Atención ao público" celebrouse do 12 ó 14 de decembro de 2012. 15 horas de interesante formación para 15 alumn@s que recibiron dous módulos de ensinanzas: "Habilidades de Comunicación" e "Técnicas de Información e Atención ao Cliente e Consumidor".

 

A Concelleira de Formación Laboral e Emprego de Narón, Mª del Mar Gómez, recordou ós participantes nos cursos que poden seguir contando co asesoramento técnico do Concello para iniciar unha busca activa de emprego, para o cal cóntase cunha Técnico Local de Emprego, unha Orientadora Laboral, e dous Educadoras Sociais.

Pola súa banda, o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, insistíu en que “quen máis está a sufrir a crise e a lacra do desemprego é a xuventude, por iso este é o momento de prepararse profesionalmente e aproveitar o tempo realizando cursos de formación”.

Nestes intres o Concello de Narón, amosando o seu compromio coa formación e a educación para o emprego, ten en marcha os seguintes cursos de formación:

  1. Curso PCPI de Carpintería (Xunta de Galicia).
  2. Curso de Destrezas básicas de confección (Concello de Narón-Igualdade)
  3. Curso de Agrogandería (Camiño de Emprego III)
  4. Curso de Iniciación ás Construcións Metálicas (Camiño de Emprego III)
  5. Curso de Servizos Básicos de Restaurante e Bar (Camiño de Emprego III