NOVAS

Camiño do Emprego III: finalizan con éxito tres novos cursos

Publicado o 09 de Abril de 2013

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez, fixeron entrega de preto de 73 diplomas correspondentes a tres cursos de formación desenvolvidos dentro do programa "Camiño do Emprego III"

 É tal o grado de satisfacción d@s participantes que algúns deles quixeron facer ao mesmo tempo dous cursos. O número total de persoas beneficiadas rondou as 50.

Desta volta, entregáronse os diplomas dos cursos de:

  • Servizos Básicos de Restaurante e Bar (a 14 persoas)
  • Habilidades para o Autoemprego (a 12 persoas)
  • Hixiene Alimentaria para Manupuladores de Alimentos (a 53 persoas)

O Alcalde e a Concelleira de Emprego felicitaron aos participantes por rematar os cursos con éxito, ao tempo que os animaron a participar en novos programas formativos e seguir co seu itinerario de emprego. Os representantes municipais puxeron á súa disposición, e á de toda a xente de Narón que o precise, o Servicio de Orientación Laboral (situado no entrechán da Casa do Concello) e @s animaron a converterse en emprendedores, mediante o autoemprego.