NOVAS

Camiño do Emprego III: formación en tempos de crise

Publicado o 07 de Febreiro de 2013

Na actualidade, estanse a desenvolver 3 cursos dentro do programa Camiño do Emprego III. Estes cursos son os de Iniciación á Agrogandeiría, Destrezas Básicas de Hostalería e Restauración e Iniciación á Construcción Industrial.

Na actualidade, estanse a desenvolver 3 cursos dentro do programa Camiño do Emprego III. Estes cursos son os de Iniciación á Agrogandeiría, Destrezas Básicas de Hostalería e Restauración e Iniciación á Construcción Industrial.

Nestes tempos nos que non abunda o emprego, se cadra é un bon momento para formarse ou reciclar os coñecementos xa adquiridos anteriormente. Esta foi a opción escollida polos 45 alumnos e alumnas que están a participar nestas accións formativas.

Amig@s de Dameuntoke: Tomade nota e estade atent@s para outra nova edición de Camiño do Emprego!

  • Curso de Iniciación á Agrogandeiría: Do 30/11/2012 ó 15/04/2013 en Aldea Nova (Sedes). Un total de 15 alumnos/as estanse a formar nas técnicas de produción de alimentos a partires da terra e do gando. Ó longo das 400 horas de duración do curso, os participantes (seleccionados de entre máis de 60 aspirantes, ós que se valorou o feito de dispor de terras ou instalacións familiares susceptibles de ser utilizadas sen gran inversión) reciclaranse profesionalmente para o sector primario, co obxectivo final de emprender o seu propio negocio. Ó longo do curso, os alumnos/as visitarán distintas instalacións de produción agraria, gandeira, froiteira, silvícola e outras. Posteriormente recibirán asistencia e asesoramento da Técnica Municipal de Emprego para obter información sobre as fórmulas de financiación ou planes de viabilidade dos seus proxectos.
  • Curso de destrezas básicas de Hostalería e Restauración Do 05/02/2013 ó 26/02/2013, ten unha duración de 75 horas  nas que se persegue o obxectivo de capacitar ós alumnos/as participantes en destrezas de cociña rápida, atención ó cliente, servizos e atencións de hostalería, manipulación de alimentos, etc… Conta con 15 alumnos, e o itinerario formativo repártese nun terzo de formación teórica –no Centro Municipal de Formación de A Gándara- e o resto de formación práctica, nun coñecido establecemento de hostalería e restauración de Narón.
  • Curso de iniciación á Construción Industrial. Do 21/12/2012 ó 27/03/2013, ten unha duración de 300 horas e estase a desenvolver no Centro Municipal de Formación, que dispón de 400m2 de talleres dotados de materiais e maquinaria propia. Os 15 alumnos/as participantes están a aprender o manexo de maquinaria e ferramentas polivalentes, a definición do proceso de fabricación industrial, e mesmo as técnicas de acabado polivalentes para outras ocupacións. Tanto neste curso coma no anterior, os alumnos reciben tamén un servizo de orientación laboral e creación de emprego.

Estes cursos para desempregados están financiados integramente polo Concello de Narón e desenvolvidos pola Concellería de Formación Laboral e Emprego.

Xa sabedes, aproveitade o tempo!