NOVAS

Campaña Embaixadorxs Destino Europa

Publicado o 22 de Febreiro de 2024
Campaña Embaixadorxs Destino Europa

EUROPE DIRECT A Coruña inicia esta semana a terceira edición da campaña Embaixadorxs Destino Europa, na que nos gustaría contar coa vosa colaboración.

A campaña está dirixida a membros do noso ClubUE entre 18 e 25 anos aos que convidamos a implicarse na difusión das oportunidades que teñen os mozos e mozas a través dos diferentes programas da UE para mellorar o seu desenvolvemento persoal, social e profesional.

O premio para as persoas que participen será un bono de interrail. O período de inscrición comeza o xoves 22 de febreiro, ás 00.00 horas, e a selección farase por orde de solicitude.

Enviamos materiais para que poidades dar difusión á iniciativa. Van adxuntas as imaxes para as diferentes redes sociais e un posts de exemplo para a súa difusión.

Lembrade, por favor, etiquetarnos nas vosas publicacións e empregar o hashtag #Embajadorxs2024 para que poidamos facer seguimento da campaña.