NOVAS

Ciclo de Gospel en Narón

Publicado o 17 de Decembro de 2012

O Pazo da Cultura do Concello de Narón acollerá os días 17 e 18 de decembro un Ciclo de Gospel, protagonizado por dous coros de EEUU, no que tamén participará a Xove Banda de Narón.

O Pazo da Cultura do Concello de Narón acollerá os días 17 e 18 de decembro un Ciclo de Gospel, protagonizado por dous coros de EEUU, no que tamén participará a Xove Banda de Narón.

Sabedes que é o Gospel? A peli de Sister Act? O Gospel é un tipo de música espiritual ou evanxélica xurdida nas igrexas afroamericanas dos Estados Unidos no que un coro de cantantes interpreta os temas, que habitualmente son de música lixeira.

Hoxe luns 17 de decembro, actuará o King Gospel Choir.

E mañá martes 18 de decembro, será o turno de Mississippi Mass Choir, que ofrecerá un concerto no que tamén actuará a Xove Banda de Narón.

Os concertos comenzan ás 20:30 horas. O prezo de venta das entradas é de 9€ para o público en xeral, 5€ a entrada reducida (para usuarios do carne xoven, carne de estudiante, e menores de 14 anos), e 6,30€ para abonados.

O Ciclo de Gospel está organizado polo Padroado de Cultura do Concello de Narón.

Non o podemos perder!!