NOVAS

Cidade de Narón vs Baku United Futsal, o mellor fútbol sala masculino en Narón

Publicado o 03 de Abril de 2013

Festa do deporte!! O Pavillón de A Gándara acollerá o 13 de abril ás 17:00 horas un emocionante partido de fútbol sala entre o Cidade de Narón e o Baku United Futsal, que xoga na 1ª división inglesa.

Todos e todas ao Pavillón da Gándara!! A entrada é de balde, así que non hai excusa, temos que encher o recinto e animar ao noso Cidade.

Esta cita deportiva foi presentada o pasado día 1 de abril polo presidente do Cidade de Narón de Fútbol Sala, Miguel Rodríguez Aneiros ó Alcalde de Narón, José Manuel Blanco.

Quen son eses do Baku? O Baku United Futsal é un equipo que xoga na 1ª división do fútbol sala inglés. Como é que foron parar a Narón? Pois porque teñen vínculo coa nosa terra, xa que está dirixido polo técnico galego Daniel Ladra. Antes de aterrar na nosa cidade, do 8 ao 14 de abril van estar de concentración en Viveiro, onde naceu o seu adestrador, coa finalidade de poder preparar o título de Liga nos Play Off da Super League.O primeiro partido deste Play Off o van disputar un día antes de pór rumbo a Galicia, é dicir, o día 7 de abril. O segundo enfrontamento non se disputará ata dúas semanas despois.

Se queredes saber máis do partido e do Cidade, non esquezades visitar a súa web: http://www.cidadedenaron.eu/primera.htm

O Concello de Narón é un dos patrocinadores deste partido de primeiro nivel do fútbol sala masculino.

Tedes as gorxas preparadas? Cidaaaaaaaaaade, cidaaaaaaaaade!!