NOVAS

As compras a través de internet

Publicado o 07 de Febreiro de 2013

Moitos de nos facemos as nosas compras a través da Rede, mais que aspectos temos en conta?

Moitos de nos facemos as nosas compras a través da Rede, mais que aspectos temos en conta?

Ir de compras pola Rede pode resultar cómodo, económico e rápido. Comprar en Internet non é menos seguro que facer compras nunha tenda ou por correo se temos en conta unha serie de consellos.

  • As compras a través de Internet:

Moitos de nos facemos as nosas compras a través da Rede, mais que aspectos temos en conta? En Dameuntoke estamos convencidos de que o comercio electrónico é unha aposta de futuro ou máis ben unha aposta de presente. As estatísticas da Comisión do Mercado das Telecomunicacións indican que no primeiro trimestre do ano 2011 as transaccións ascenderon a 32,2 millóns e o volume de facturación de 2.055,4 millóns de euros. E é que o e-commerce non deixa de crecer nos últimos anos.

  • Que debemos ter en conta para mercar na Internet?:

Previamente á realización dunha compra virtual podemos preguntarnos unha serie de cuestións que nos axudarán a non ter ningún tipo de problema ou desengano. Como ben sabedes, igual que no mundo real, no ciberespazo tamén hai estafadores que están dispostos a vendernos artigos que nunca chegarán.

Estes son os nosos consellos:

  1. Coñecer con quen estamos tratando. É importante confirmar que o negocio que nos vende ten un domicilio real e un número de teléfono do vendedor ou vendedora que opere en liña para utilizalo no caso de que xurda algunha pregunta, problema ou eventualidade
  2. Coñecer exactamente o que estamos comprando. Debemos ler atentamente a descrición do produto ofrecido polo vendedor ou vendedora, especialmente a letra pequena. Unha descrición detallada de cada un dos produtos é unha boa vara de medir para coñecer a fiabilidade da tenda, porque despois non hai marcha atrás… imaxina que compras unha camisola preciosa dun talla XLL… quizais non a poidas poñer.
  3. Coñecer o custo. É moi habitual que o cliente no e-commerce sexa o que asuma os gastos de envío. Polo tanto, ao prezo final do produto hai que sumarlle os gastos de transporte. Calcula todos os custos considerando as túas necesidades e orzamento para non levar sorpresas.
  4. Verificar as condicións e políticas de entrega ou reintegro. Actualmente a maioría das tendas virtuais ofrécennos de forma clara a súa política de venda, incluíndo as políticas de reintegro (por exemplo, se chega un artigo en mal estado ou non é o que se mercou) e as datas de entrega. Se unha tenda virtual non che ofrece esta información desconfía.
  5. Paga con tarxeta de crédito. Nos pagos con tarxeta de crédito realízase unha conexión cifrada de pago entre o noso banco e o banco do provedor. Isto asegúranos en todo momento que unha transacción económica quedou rexistrada. En caso de reclamación podes solicitarlle esta información ao teu banco que dará fe do pago realizado. É moi importante que nunca envíes cartos mediante correo ordinario, é dicir, busca a fórmula para que sempre quede constancia da realización da túa compra.
  6. Imprime e garga os rexistros das túas transaccións en liña. Que un negocio teña unha tenda on-line non quere dicir que non teñan que emitirche un documento incluíndo a descrición e prezo do produto, así como o recibo da compra. Na venda de produtos a través de Internet tamén tes o dereito a recibir a túa factura correspondente.

Que nos achega a maiores a compra a traves da Internet?

Internet dános a posibilidade de ser uns consumidores responsables. En moitas ocasións cando imos a unha tenda presencial resúltanos moi difícil coñecer a orixe dos produtos, con que sistemas foron elaborados ou mesmo cales son as condicións de traballo das persoas que os elaboran. Por iso dende Dameuntoke che recomendamos que sexas un consumidor responsable e que defendas os teus dereitos.

A Xoanina, un exemplo de consumo responsable con tenda virtual

A Xoaniña é unha cooperativa de consumidores constituída a nivel comarcal no ano 2005. O seu obxectivo principal dende un comezo foi potenciar a agricultura
ecolóxica e local sobre a base de concienciar á cidadanía da importancia de levar a cabo un consumo responsable. Actualmente conta con máis de 200 familias asociadas e unha tenda virtual onde podes atopar unha boa variedade de produtos.

Aldea nova conta cunha area de enerxías renovables e novas tecnoloxías

Se che gusta o mundo da tecnoloxía non o dubides, no Parque Temático Integral de Desenvolvemento Rural Aldea Nova atoparás unha completa colección de simuladores de enerxías.