NOVAS

Conta atrás para o III Concurso de Fotografía Concello de Narón

Publicado o 25 de Outubro de 2012

Seguidores/as de Dameuntoke, lembrade que o vindeiro mércores día 31 remata o prazo de presentación de imaxes para o III Concurso de Fotografía Cidade de Narón.

Se queredes participar, aínda estades a tempo, tedes que sacar as vosas cámaras á rúa e conseguir fotografías que exalten a riqueza paisaxística, cultural e social do concello.

De todas as imaxes que obteñades teredes que seleccionar un máximo de tres. As podedes presentar en branco e negro, se sodes máis clásicos, ou en cor, se gustades máis da riqueza visual que aportan as cores.

Tedes que ter en conta que o xurado valorará positivamente que o lugar onde fagades a foto sexa recoñecible. As fotografías poderán estar retocadas pero non se admitirán montaxes nin superposicións.

A inscrición é de balde, e poderán participar tanto afeccionados/as como profesionais, sempre que sexan maiores de idade. Poderedes obter tres premios de 600, 300 e 150 € respectivamente.

A fotografía que acompaña este artigo é a gañadora do ano pasad o seu autor é Guillermo de Castro Togores, como vedes é unha imaxe nocturna técnicamente perfecta. A localización elexida por este autor foi a ponte peatonal de Xubia, xogou con ela e co seu reflexo na agua para conseguir unha composición moi equilibrada e chea de cor. A segunda clasificada foi unha obra de María del Carmen Rodríguez Fernández, unha estampa do Concello visto dende a praza de Galicia. A tercera seleccionada foi unha estampa da rotonda de Freixeiro, realizada por María Fernanda Gómez Pernas.

Se quereres seguir os pasos destes artistas e facervos co premio, xa sabedes: tedes ata o mércores para presentar as vosas fotos.

Como as tedes que presentar? Nun sobre cerrado deberes introducir os vosos datos: nome, DNI, dirección e teléfono de contacto. No exterior do sobre deberá figurar un pseudónimo dun máximo de 10 caracteres. Xunto co sobre dos datos entregaranse as fotografías en Cd e en papel fotográfico. Deberán ir nomeadas como: "pseudónimo X" (sendo "X" o número de fotografía que se presenta):

  • O CD coas fotos deberá estar etiquetado co pseudónimo, e os arquivos deberán dar ser dun tamaño mínimo de 1024px x 768px en formatos JPG, TIFF ou PNG.
  • En papel fotográfico as fotografías deberán ter un tamaño de 25cm x 30cm e deberán levar escrito no reverso da fotografía o pseudónimo e unha breve descripción do lugar onde foi tomada.

 

Para presentalas, achegádeas ao 5º andar do edificio do Concello (Praza de Galicia, s/n), ao departamento de Turismo.

Moita sorte!!