NOVAS

Continúan os obradoiros do proxecto de dinamización Casa Aberta nas instalacións da Casa da Mocidade

Publicado o 20 de Decembro de 2022
Cronograma Casa Aberta

As actividades dos obradoiros Casa Aberta continúan desenvolvéndose na cidade.

A Concellería de Mocidade, dirixida polo edil Pablo Mauriz, impulsa esta iniciativa, pensada para menores de 12 a 16 anos e que se leva a cabo este mes de decembro na casa da Mocidade, na Gándara. 

O concelleiro naronés recordou que para participar nas actividades é preciso anotarse, de balde, nas citadas instalacións municipais o venres ou o sábado en  horario de 17.30 a 20.30 ou tamén a través dunha mensaxe directa en Instagram ou Facebook.

Este venres 23 haberá un obradoiro sobre Cinefórum ao que poderán asistir dez persoas e o 26 de decembro outro sobre Reciclaxe textil tamén para unha decena de participantes. Os seguintes programáronse para o día 27, sobre Xornadas de xogo de rol -20 persoas-; 28 –Danza urbana e beatbox -15 persoas- e 29, de Escape Room -10 participantes-.

Obradoiros de Educación na Igualdade, de Educación na diversidade, de Educación no uso das novas tecnoloxías, de Educación medioambiental e reciclaxe, un Espazo de xogo comunitario con futbolín, tenis de mesa, dardos, xogos de mesa e videoxogos forman parte das propostas de Casa Aberta. 

“Quixemos ofrecer unha serie de propostas de ocio diferentes a un colectivo dunha idade moi concreta, co obxectivo de apostar pola socialización en torno ao xogo”, asegurou Mauriz.