NOVAS

Convocatoria de axudas para a obtención do permiso de conducción Clase B

Publicado o 22 de Maio de 2012

A Xunta de Galicia convocou unha orde de axudas para axudar económicamente á mocidade na obtención do permiso de conducción de clase B.

Esta convocatoria ten unha dobre finalidade, por unha parte, trátase de fomentar a autonomía da mocidade galega mediante a mellora da súa empregabilidade, de xeito que poidan achegar o permiso de condución como parte do seu currículum, tendo en conta o necesario que resulta dispoñer da autorización administrativa para conducir vehículos e de que en moitos casos pode ser determinante para o acceso a un emprego, e por outra, ten un carácter formativo, dentro da educación non formal, co que se pretende previr e diminuír a sinistralidade da mocidade galega nas estradas, ao vincular a obtención da axuda á superación dun curso de seguridade viaria.

Podedes acceder á convocatoria en detalle na seguinte ligazón.

Trátase dunha boa ocasión para sufragar os custes do permiso de circulación de Clase B.