NOVAS

Europeana: biblioteca europea de recursos

Publicado o 04 de Xaneiro de 2013

Europeana, Europeana...unha peana europea? Que demo é iso?

Non, non... non é o tamaño estándar do pé en Europa nin nada semellante. Trátase da biblioteca dixital europea, na que podedes acceder on line a máis de 14 millóns de arquivos en formato dixital.

Que tipo de arquivos podo consultar? Tedes ao voso alcance: fotos, mapas, libros, pelis, música...

De onde sae ese material? Ese material sae de diferentes bibliotecas, arquivos e museos de Europa.

Onde queda? Jaja, é unha biblioteca online, así que tedes que achegarvos a un ordenador, encendelo, internet e poñer no navegador:

http://www.europeana.eu/portal/

Voilá! Xa tedes un novo recurso para os vosos "curros" de clase!