NOVAS

Exposición de maquetas de ferrocarriles

Publicado o 26 de Decembro de 2012

Chuchuuuuuuuu...

Dende o día 21 e ata o día 30 de decembro do 2012 podedes visitar no Pazo da Cultura de Narón unha Mostra de Maquetismo organizada pola Asociación de Amigos del Ferrocarril (AFAF).

No Pazo da Cultura poderedes atopar unha serie de maquetas de ferrocarriles coas explicacións sobre como se realizan estas reproduccións a escala.

Ademáis, para os amantes da fotografía e os nostálxicos doutras épocas, tedes aberta ao tempo unha exposición de 40 fotografías antigas da liña de ferrocarril de vía estreita que une Ferrol con Puente Mera en Ortigueira.

horario de visita desta mostra é de luns a venres, de 11:00 a 13:00 horas e de 16:30 a 19:30 horas, e os sábados de 11:00 a 13:30 horas.

Se tedes un ratiño libre de visitas familiares e de ir mercar agasallos, non teñades dúbida! No Pazo da Cultura tedes unha interesante proposta...

Chuchuuuuuuuuuu....