NOVAS

Feira do Cabalo Equinarón 2013: a cita deste sábado en Sedes

Publicado o 09 de Abril de 2013

Gústanvos os animais en xeral e os cabalos en particular?

Dende o Concello estase preparando a organización da Feira do Cabalo "Equinarón 2013" que se vai celebrar o sábado 13 de abril no Recinto Feiral do Trece, na parroquia de Sedes.

Tedes cabalos e vos queredes apuntar? A xente interesada en participar aínda poden inscribirse no Mesón A Trasanquesa (Sedes). Se non tedes tempo antes ou non sabedes ata última hora se podedes ir, sabede que tedes o prazo aberto ata unha hora antes de comezar a feira, podendo facer a inscrición no propio recinto.

Os requisitos? Para participar tedes que presentar unha fotocopia do LIC, o Libro de Identificación Cabalar.

A competición terá lugar pola mañá, comezando a mesma ás 10:00 horas. Este ano haberá as seguintes competicións:

  • Probas libres: Arrastre, Trote do país e Marcha libre. Estas probas son a novidade desta edición, xa que é a primeira vez que se celebran.
  • Probas federadas: Andadura serrada, dous tempos; Andadura chapeada, catro tempos e Marcha de trotóns

 

Premios? Claro, eses cabaliños ben o merecen! Haberá premios en metálico para cada unha destas competicións.

Os interesados en participar poden obter máis información chamando ó número de teléfono do Concello 981 33 77 00 (extensión 1517).

Haberá que ir dan unha volta o sábado, non?