NOVAS

Festival de Comparsas

Publicado o 07 de Febreiro de 2012

O prazo de inscrición para o resto de comparsas de Narón (poden participar un máximo de 3 comparsas de fora e 8 comparsas de Narón) está aberto ata o día 16 de febreiro no Pazo da Cultura, quedando aínda por anotarse as comparsas Os Nenos de Lola (Virxe do Mar) e Troupele, Troupele (A Gándara).

O Pazo da Cultura de Narón acollerá o sábado 18 de febreiro o tradicional Festival de Comparsas organizado polo Padroado de Cultura de Narón. Será a partires das 18:00 horas, e para asistir como público será preciso retirar as entradas (gratuitas) nas billeteiras do Pazo a partires do día 13 de febreiro, en horario de 11:00 a 13:30 e de 18:00 a 20:00 horas. Entregaranse un máximo de dúas invitacións por persoa.

As comparsas se concentrarán ás 17:00 horas na Praza de Galicia, para saír en pasacalles cara ó Pazo da Cultura entorno ás 17:30 horas. Media hora despois dará comezo o Concurso de Comparsas, coa participación das seguintes agrupacións:

  • A Canteira (Neda)
  • Os Xunquiños (Fene)
  • A Revolta (Ferrol)
  • Os Colludos (da Asociación Sociocultural de Minusválidos de Narón)
  • Parrandolos (de Piñeiros, Narón)
  • Argalleiros (de A Gándara, Narón)

 

O prazo de inscrición para o resto de comparsas de Narón (poden participar un máximo de 3 comparsas de fora e 8 comparsas de Narón) está aberto ata o día 16 de febreiro no Pazo da Cultura, quedando aínda por anotarse as comparsas Os Nenos de Lola (Virxe do Mar) e Troupele, Troupele (A Gándara).

As letras a interpretar por parte das comparsas falarán obrigatoriamente de temas locais  e o idioma que empregarán é o galego. Cada agrupación estará formada por un mínimo de 15 membros, e deberán ser na súa maioría  persoas de maís de 14 anos de idade.

Respecto ás actuacións, cada comparsa disporá dun tempo máximo de 10 minutos para actuar, nos que con bo humor, fará crítica de todo o acontecido en Narón no ano 2011. O Padroado de Cultura asigna unha axuda económica a tódalas comparsas participantes, fixada en 400€ para comparsas de fora de Narón e 800€ para comparsas de Narón.

Ademáis, establécense tres premios (1º, 2º e 3º premio) que consistirán nunha figura recordo do Entroido. Á hora de elexir ós gañadores, o xurado valorará nas comparsas a orixinalidade dos seus disfraces, o inxenio da crítica feita na actuación, a calidade musical, e o mantemento da tradición do entroido.