NOVAS

"Galegos en Mauthausen": expo no Pazo da Cultura

Publicado o 15 de Abril de 2013

"Galegos en Mauthausen" é o título da nova exposición que acolle o Pazo da Cultura de Narón dende o pasado luns día 8 de abril.

O Concello de Narón colabora na organización desta exposición coa Asociación da Memoria Histórica Democrática. As imaxes que a conforman son instantáneas nas que se reflexa a vida dos galegos no campo de concentración nazi de Mauthausen.

Se vos interesa obter máis información sobre o campo de Mauthausen, podedes atopar unha breve descripción e algún testimonio nesta web: http://www.mauthausen-memorial.at/db/admin/int/index.php?l_id=23

Asociación da Memoria Histórica Democrática conta cunha páxina web onde podedes coñecer algo máis esta asociación e seguir as actividades relacionadas coa mesma: http://www.memoriahistoricademocratica.org/

Tedes curiosidade? Queredes ir á exposición? Nós imos seguro! Tedes tempo ata o día 20 deste mes, dentro dos seguintes horarios:

  • luns a venres: 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 22:00 horas
  • sábados: de 10:00 a 14:00 horas

 

A inauguración da exposición contou coa presenza de diversas autoridades, entre elas o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco; o Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo; a Concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, e a Concelleira de Festas e Ocio, Mª del Mar Gómez.