NOVAS

Gústache o Ski? Tes o Carné Xove? Leitariegos é o teu obxectivo!

Publicado o 28 de Decembro de 2012

Tedes o Carné Xove?

Non? Pois hai que sacalo, teredes un montón de ventaxas e descontos nas vosas mans!

Non só para ir a Leitariegos, senón nunha ampla gama de servizos como transportes, espectáculos, compras, aloxamentos, ou actividades culturais.

Mola, non?

 

Como vai o tema do Carné?

Os mozos e mozas de entre 12 e 30 anos, ambos inclusive, interesados en obter este documento só teñen que:

  • cubrir un impreso de solicitude, acreditando a identidade co DNI ou pasaporte;
  • pagar 6 euros mediante o impreso de taxa;
  • e achegarse a calquera das oficinas expendedoras do carné xove: servizos de xuventude e voluntariado provinciais; oficinas locais de Ferrol e Pontevedra; o centro coordinador de información e documentación xuvenil de Santiago de Compostela; as oficinas municipais de información xuvenil; casas da xuventude e algunhas oficinas de Novagaliciabanco. En Narón o podedes sacar na OMIX, na Casa do Concello.

 

O carné ten unha vixencia de 2 anos a partir da data de expedición e inclúe un seguro gratuíto. Os posuídores de carné xove contan cun

seguro de balde que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para poder facer fronte aos imprevistos que
poidan xurdir nas viaxes.

E o de Leitariegos, como é?

Os usuarios do carné xove disporán no ano 2013 de descontos en estadías de fin de semana na estación de esquí de Leitariegos.

En concreto, esta oferta inclúe un fin de semana que inclúe:

  • o desprazamento en autocar desde Santiago, A Coruña, Ourense, ou Lugo;
  • dous días de hotel en Ponferrada; aluguer do material;
  • 2 horas de clase de esquí en grupo e forfait libre para o sábado e domingo.

 

O prezo total son 170 euros. Aforramos un pouco, e imos, si?