NOVAS

I Concurso de Beléns "Mesturas"

Publicado o 30 de Outubro de 2012

O mércores pasado rematou o prazo de presentación de fotografías para o III Concurso de Fotografía Cidade de Narón e xa temos outro concurso entre mans. Desta volta, imos ter que romper a cabeza para confeccionar un belén. Xa ven aí o Nadal!

A Asociación artístico-cultural Mesturas con sede en Narón convoca o I Concurso de Beléns "Mesturas", no que poderá participar calquera persoa ou grupo sen limite de edade. A técnica e materiais utilizados son libres.

Como podo participar? Para participar haise que inscribir antes do día 1 de decembro, remitindo un documento por correo ordinario á dirección de Mesturas, que ten o seu domicilio social na rúa Tui, 16, 3ºF, 15570 Narón ou por email en: artemesturas@gmail.com .

Os beléns os teñen que montar os propios participantes na parroquia da igrexa de San José Obrero, na rúa Reis Magos,s/n, no Alto en Narón; o día 18 de decembro en horario de 18:00 e as 20:00 horas.

A exposición destas obras de deseño manterase aberta ata o día 7 de xaneiro de 2013, data na que se decidirá quen é o gañador/a e se lle entregará o premio. O premio é unha talla artística en vidro realizada por unha artista local. Acreditarase a participación do resto dos participantes cun diploma.


As bases deste concurso as podedes consultar no blog da asociación: http://artemesturas.blogspot.com.es/, ou no seu facebook: http://www.facebook.com/pages/Mesturas/357456280989965

Armamos o belén?