NOVAS

I Edición do Entroido Gastronómico

Publicado o 01 de Febreiro de 2013

Sodes lapeiros?

Gústavos comer ben? Pois aquí temos a I Edición do Entroido Gastronómico que se desenvolve dentro do programa Narón Gastronómico que ten a finalidade de promocionar os produtos locais, e fomentar o consumo nos locais de hostalería locais. En total, súmanse 51 establecementos a esta iniciativa.

Canto vai durar? Pois desta volta, como é Entroido Gastronómico, o prazo vai do día 1 ó 12 de febreiro, ambos incluídos. Entre estas dúas datas os locais adheridos ao programa van prepararán tapas e pinchos típicos do entroido. E o mellor de todo é que son de balde, ¡non temos que pagar nada por eles! Os clientes que acudan a estes establecementos poderán disfrutar de máis de 20 especialidades distintas de tapas e pinchos típicos do Entroido, todos elaborados con produtos locais e de tempada. Ñam, ñam! Non vos entra fame só de pensalo?

Ademáis, se sodes divertidos e vivides o Entroido como hai que vivilo: participando e disfrazándovos...ides entrar nun sorteo dunha cea para dúas persoas nalgún dos restaurantes ou tabernas participantes. ¿Como tedes que facer? Pois tédesvos que disfrazar e ir tomar algo a estes locais, alí daranvos unha papeleta para cubrir con vosos datos e así poder contactar con vos se é que resultades gañadores. O sorteo celebrarase o 14 de febreiro ás 13:00 horas no Concello. Se pensades que é moi difícil que vos toque, de eso nada! Sortéanse 10 ceas, non unha soa, eh! 10 ceas...maloserá, non?

Os restaurantes, e as tapas coas que participan, son os seguintes:

  • Café bar Vidal +3 (Tortilla con grelos e morros);
  • Caña Aki (Orella con picante,  revolto de grelos, orellas e filloas);
  • Tokiño (Cocido completo);
  • Mesón A Comarca (Orella con grelos);
  • Cervecería Percha (Freixós de carne e crema);
  • Mesón O Fogar (Revolto de grelos con carne, torradas de leite e freixós);
  • Restaurante Ortegal (Revolto de grelos con gambas, lacón con patacas e chourizo);
  • La Central (Manciñas de porco, tortilla con grelos, cocido, freixós e torradas de leite);
  • Café-Bar Cazadores (Cocido completo);
  • Cafetería Xanela (Revolto de grelos, tortilla, freixós e torradas de leite);
  • Restaurante Fortunato  (Sucruta de porco, orella con pemento, lacón);
  • Café-Bar Gran Sol (Repolo con tripas, filloas e torradas de leite);
  • Café Bar Bonxu  (Cocido, tripas, orella con aceite e pemento);
  • Hollywood (Cocido completo, grelos con costela);
  • Taberna Chis (Cocido completo, grelos con orella e rabo),
  • Mesón O Perdidiño (Caldo con costela, touciño, rabo, orella, filloas);
  • Porto Astur (Lingua encebolada, cocido, filloas con mel),
  • Mesón O Alecrín (Empanadiñas de lacón con grelos, filloas recheas);
  • Café-Bar España (Orella á feira, patacas, grelos e lacón);
  • Romero II (Pincho de Entroido);
  • L.S. Club Solaina Xubilados (Pincho de Entroido);
  • Cervecería Australian (Tira do Viño);
  • Cervecería New Orleans (Pincho de Entroido);
  • Bar Gaultier Cafetería (Vol ao vent Gaultier con ovo de codorniz);
  • Cervecería O Druída (Brocheta de orella, tallaríns de morro, albóndigas de cocido, pizlloa de cocido);
  • Cervecería Indalo (lacón con grelos, orella, chourizos ao viño);
  • Mesón O Pío (Pincho de Entroido);
  • Silver 200 Monjes (Bocados de entroido);
  • Vinatería Philadelphia (Pincho de Entroido);
  • O Recanto (Pincho O Recanto);
  • Estrela da Castela (Pincho de Entroido);
  • Ronsel. Praza do Concello (Orellas);
  • Bar Terra-Chá (Freixós);
  • Cervecería Plaza (Torradas de leite);
  • Restaurante A Ponte (Pincho de Entroido);
  • Cafe-Bar Marinito (Cocido, tortilla con roxós, chicharróns, orellas, liscos);
  • Sidrería Astur (Tortos de maínzo con San Martín, Orella, Lacón, Casadielles);
  • O Petisco (Cocido de xabarín);
  • Bar Vituco (Callos, cocido, tripas, orella);
  • Restaurante A Trasanquesa (Roxós con grelos);
  • Café Bar Exedra (Pincho de Entroido),
  • Cervecería O Paseo (Pincho de Entroido);
  • O Pozo (Pincho de Entroido);
  • Pizzería Plaza (Pincho de Entroido),
  • Excelsior (Pincho de Entroido);
  • Café Bar La Comarca (Pincho de Entroido);
  • Vip Burguer (Freixós);
  • O Rincón de Antonio (Lacón ao forno artesán con cabrales, ovo de codorniz con criollo e patacas, churrasco picante con cachelo á feira);
  • Cafe-Bar Los Guajes (Lacón con grelos, torradas);
  • La Barra de Orro (Pincho de Entroido);
  • Romero I (Pincho de Entroido).

Nós xa estamos facendo a Ruta Dameuntoke para o Entroido Gastronómico 2013!!