NOVAS

I Xornada de apoio aos inmigrantes do Concello de Narón

Publicado o 27 de Febreiro de 2013

O pasado luns, día 25 de febreiro, presentouse no Concello de Narón a I Xornada de Cooperación, Participación Cidadá e Interculturalidade do noso concello. Esta I Xornada vaise celebrar o vindeiro 1 de marzo, venres, en horario de tarde (17:30 a 21:30 h) no baixo da Biblioteca Municipal do Alto.

Amig@s de Dameuntoke, estaría ben acudir, non? E así, achegarse un pouco á xente que convive con nós e que ten unha cultura diferente. É unha forma moi barata de viaxar e coñecer os costumes que se seguen noutros lugares.

A través desta iniciativa, poderemos coñecer a realidade das persoas que proceden doutros países, sensibilizándonos con elas e facendo posible a súa integración na sociedade. Porque elas tamén teñen moito que aportarnos”, declararon as representantes municipais na rolda de prensa.

Hai varias actividades previstas, calquera delas vaivos gustar.

Eso si! Hai unha que...e que xa nos coñecemos! Sabemos que sodes tod@s moi larpeir@s!! Haberá unha mostra de comidas e recetas tradicionais de España e do resto do mundo: Ecuador, Venezuela, Uruguay, Argentina, Brasil, Senegal, Marruecos, Mauritania, Colombia e O Congo. Realizaranse en vivo “menús anticrise” con ingredientes propios destes países. E se vos gusta algo moito, moito, non vos preocupedes! alí mesmo daranvos a receta. Ñam, ñam!!

Pero non queda a cousa só niso, o grupo de danza Galu Teranga, vai facer unha actuación e posteriormente haberá unha mesa redonda: "A crise e a inmigración". Nela participarán Mª del Mar Lorenzo (profesora da Universidade de A Coruña), Carlos Piñeiro (médico de Atención Primaria do Centro de Saúde de Narón) e Teresa Villaverde (abogada), que falarán dos aspectos sociais e culturais da inmigración, a situación sanitaria dos inmigrantes, e as leis que os afectan. A mesa redonda estará moderada por Miriam Soto (presidenta da asociación de mulleres Dulca Mara, creada a partir da asociación Rumiñahui).

A entrada é de balde: acudide.

Esta xornada nace da necesidade de que a xente nos coñeza e nos acepte”, declarou a delegada comarcal de Rumiñahui, Soledad Lucero.