NOVAS

Inscrición nos ciclos formativos de grao medio e superior de Galicia

Publicado o 21 de Xuño de 2012

No DOG do 18 de xuño de 2012, publícaronse as datas para solicitar praza nos ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas.

Os prazos serán os mesmos, tanto para o réxime ordinario presencial como para o réxime de persoas adultas nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia:

  • O prazo ordinario será do 18 de xuño ao 2 de xullo, ambos os dous incluídos.
  • O prazo extraordinario abranguerá desde o día 3 ao 12 de setembro, ambos os dous incluídos.

Atoparás a información detallada en www.edu.xunta.es/fp