NOVAS

Larpeiros!! XII Feira do Mel e dos Productos Ecolóxicos!

Publicado o 24 de Outubro de 2012

Non tedes nada diferente que facer este fin de semana? Xa vos buscamos en Dameuntoke algo que facer. Se sodes algo larpeir@s como nós o temos moi claro: XII Feira do Mel e dos Productos Ecolóxicos.

Esta feira vaise celebrar o vindeiro domingo 28 no recinto feiral do Trece, en Sedes. Dende as 10 da mañá ata as 7 da tarde, con paradiña entre as 14 e as 16 horas, poderedesvos achegar ao fascinante mundo da apicultura e dos productos ecolóxicos. 
Para os que nos gustan as cousiñas da terra, ben ricas e sabrosas, imos ter unha degustación gratuita de queixo e mel con pan ecolóxico (de 11:30 a 12:30 e de 17:00 a 18:00 h). Se non chegades a tempo, non vos preocupedes porque ao longo do día vanse sortear 13 cestas cheas de productos ecolóxicos.

O Concello está ultimando a lista de expositores participantes. Se aparte de lambóns, sodes productores de mel ou produtos ecolóxicos e queredes formar parte desta iniciativa aínda vos podedes apuntar:

  • Os encargados de promocionar produtos ecolóxicos teñen que contactar co Concello no 981337700 (ext.1517) ou ben no correo am.veiga@naron.es .
  • O expositores de mel que queiran estar presentes na feira, deberán inscribirse a través da AGA, sendo imprescindible que sexan productores da AGA en Ferrolterra ou empadroados en Narón. Ademáis os seus productos deberán estar debidamente rexistrados. Para inscribirvos debedes chamar ós teléfonos 981320798 ou 661378960 ou ben contactar vía e-mail dagaferrol@apiculturagalega.org .

 


Os profesionais terán actividades dende hoxe xoves ata o vindeiro martes:

  • Xoves 25 de outubro, de 19 a 21 horas, "Novo etiquetaxe de Produción Primaria" a cargo de Marcos Varela Lorenzo (Enxeñeiro Agrícola de Lugo). Falarase sobre cómo etiquetar e comercializar directamente os produtos agrarios, especialmente o mel.
  • Martes, 30 de outubro, de 19 a 21 horas, "Observatorio apícola - Evolución da apicultura nos derradeiros anos" a cargo de Xesús Asesorey Martínez (Biólogo e consultor apícola de Santiago). Falarase do desenrolo do mundo apícola nos últimos 30 anos e dos retos para o futuro.

Que vos parece? Vémonos o domingo? Está feito.