NOVAS

Máis de 600 persoas inscritas no memorial Adolfo Ros de Atletismo

Publicado o 16 de Decembro de 2011

Conseguir incrementar a participación popular

O memoria Adolfo Ros de Atletismo, que se celebrará este domingo, está a ter un respaldo estupendo. O equipo do Padroado de Deportes de Narón leva máis de dous meses nas tarefas de organización, que comparte coa colaboración dos Concellos de Neda, Fene e Ferrol. “Creo que vai ser un éxito polo proceso de inscrición con máis de 600 deportistas apuntados entre a carreira absoluta e as carreiras de base” indica Natalia Hermida concelleira de deportes e mocidade do Concello de Narón.

Conseguir incrementar a participación popular

Este ano o memorial de atletismo sufríu varios cambios co obxectivo de potenciar a participación popular na carreira e de xentes da comarca de todas as idades. Como indica Natalia “Agora temos una inscrición más realista cos nosos deportistas y penso que a carreira será un éxito dado o número de xente que se apuntou e tendo en conta que a carreira coincide no calendario con outros eventos deportivos”.

A carreira

A carreira comarcal partirá do polideportivo de A Gándara ás 11.00 horas deste domingo. A volta partirá do polideportivo de A Gándara en Narón para internarse en Ferrol pola avenida do Mar de Caranza. Despoís de dar a volta ao populoso barrio ferrolán, a carreira continuará por Telleiras y achegarase á rotonda de González-Llanos no barrio de Esteiro. Logo continuará pola avenida de Vigo, rúa Catalunya e Estrada de Castela ata Narón.

A proba recorrerá o Concello de Narón pola Estrada de Castela ata a ponte de Xubia para internarse no veciño Concello de Neda. Despoís de percorrer este termo municipal pola estrada que comunica Neda con Fene, a proba chegará a Fene pola avenida de Conces, avenida de As Pias e cruzará a ría pola ponte de As Pias para volver ao polideportivo de A Gándara onde está instalada a meta.

Animámosnos a todos e todas a que vos acheguedes ao recorrido do Memorial Adolfo Ros de Atletismo