NOVAS

Natalia Hermida presentou a 1ª Proba do Campeonato de España de Radiocontrol

Publicado o 13 de Marzo de 2013

O Circuito de Río do Pozo acolle este fin de semana a 1ª proba do Campionato de España de Radiocontrol, organizada polo Club RC Narón.

A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, e o presidente do Club Radiocontrol (RC) Narón, Miguel Ortega, presentaron o luns día 11 en rolda de prensa a 1ª proba do Campionato de España de Radiocontrol, que se celebrará no circuíto de Río do Pozo os días 15, 16 e 17 de marzo, con entrada libre.

edil de Deportes destacou a importancia de que, por vez primeira, Narón acolla unha proba deste nivel, algo que é posible grazas á mellora das instalacións do circuito no ano 2012, cando se construíron unha serie de boxes necesarios para disputar este tipo de competicións.

Natalia Hermida felicitou ó Club RC Narón por ter acadado esta proba –só dispútanse catro probas no Campionato de España, entre elas a de Río do Pozo- e polo traballo que ven realizando ó longo destes anos este club, que actualmente supera os 50 socios. A maioría deles (sobre 35) son pilotos e compiten en diferentes categorías.

Esta proba traerá a Narón a pilotos de toda España durante tres días, o que tamén suporá un revulsivo para a hostelería de Narón, algo tamén destacou a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida.

Hai máis de 60 pilotos confirmados. O Club RC Narón agarda que se poida chegar ós 90 pilotos, cifra establecida coma tope para esta competición.

O calendario da 1ª proba do Campionato de España de Radiocontrol distribúese así:

  • Venres 15 de marzo: entrenamentos.
  • Sábado 16 de marzo: probas clasificatorias.
  • Domingo 17 de marzo: finais.

Entre os participantes, estarán Carlos Peracho (actual campión de España) e Francisco Bello (piloto do club RC Narón). Vamos Fran!! Dameuntoke está contigo!!

Se queredes achegarvos un pouco máis ao mundo do Radiocontrol, esta é a web do RC Narón: http://www.rcnaron.net/index.php?option=com_content&view=frontpage&Itemid=1

Non esquezades: a cita desta "finde" a temos en Río do Pozo, lumeeeeeeee e gas!