NOVAS

Novidades para a mocidade na web de Xuventude de Galicia

Publicado o 06 de Outubro de 2022

A páxina web de Xuventude de Galicia alberga diversas novidades. Entre elas destacan as bolsas de axuda, os voluntariados, os premios e concursos ou varios cursos de formación. 

A Xunta de Galicia propón unha serie de novidades dirixidas á xuventude de Galicia na súa paxina web. Entre as novas máis importantes destaca a axuda para os permisos de condución clases B, C e D, na que a mocidade pode optar a axudas de entre 400 e 1.300 euros, dependendo do tipo de permiso que desexen obter.

Outra das novidades que cabe destacar son as axudas a persoas en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial no Sistema universitario de Galicia.

Entre outras das novidades podemos atopar: 

  • Axudas a programas para a mocidade e o voluntariado.
  • Actividades culturais que se poden realizar en toda Galicia.
  • Cursos de formación.
  • Cursos de tempo libre.
  • Bolsas e axudas.
  • Premios e concursos.
  • Ofertas de emprego.
  • Etc...

Todos estes programas e moitos máis, e a información relativa a cada un deles, pódense consultar na web da Xuventude de Galicia ou nas súas Redes Sociais.