NOVAS

Novos cursos de formación para desempregados/as: "Camiño de Emprego III"

Publicado o 06 de Novembro de 2012

Se estades desempregados/as e  empadroados en Narón podedes inscribirvos neste programa.

A Concellería de Formación Laboral e Emprego de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, abreu o luns 5 de novembro o prazo de inscrición para os cursos de formación “Camiño do Emprego III”.

Se estades desempregados/as e  empadroados en Narón podedes inscribirvos neste programa.

Que tedes que facer para participar? Se estás interesado/as tedes que presentar unha solicitude no Rexistro Xeral do Concello, en horario de mañá, do 5 ó 16 de novembro.

O programa “Camiño de Emprego III” ofrece os seguintes cursos entre os que podedes escoller:

- Curso de agrogandeiría: 12 prazas (400 horas)

- Curso de construcións metálicas: 12 prazas (300 horas)

- Cursos de habilidades múltiples laborais:

  •  Prevención de risco e xestión medioambiental: 50 prazas (60 horas), 2 quendas
  •  Alfabetización dixital para o emprego: 30 prazas (25 horas)
  •  Atención ó público en actividades laborais: 12 prazas (75 horas)
  •  Atención en cafeterías e restaurantes de calidade: 12 prazas (75 horas)
  •  Habilidades para o autoemprego: 30 prazas (10 horas), 2 quendas
  •  Manipulador de alimentos: 50 prazas (10 horas), 2 quendas

 

Posteriormente, terás que participar nunha entrevista de selección/orientación que terá lugar no Centro de Formación Irmáns Froilaz, os días 19 e 20 de novembro. As entrevistas terán lugar nas seguintes datas:

  • Curso de Agrogandería *: 19-11-2012 ás 9:00 horas
  • Iniciación ás Construccións Metálicas: 19-11-2012 ás 11:00 horas
  • Atención ao público: 19-11-2012 ás 13:00 horas
  • Servizos básicos de restaurante e bar: 19-11-2012 ás 13:00 horas
  • Prevención de riscos laborais no sector da construción: 20-11-2012 ás 9:00 horas
  • Alfabetización Dixital: 20-11-2012 ás 11:00 horas
  • Hixiene Alimentaria para Manipuladores de Alimentos: 20-11-2012 ás 12:00 horas
  • Habilidades de Autoemprego: 20-11-2012 ás 13:00 horas

 

Se vos interesa o Itinerario de Agrogandería debedes saber que ten prevista a súa data de inicio o 26 de novembro de 2012 e o fin o 2 de abril de 2013. As clases durarán 5 horas/día, de 09:00 a 14:00 horas. Os módulos que conforman este curso son:

  • Prevención de riscos laborais: 60 horas de duración, desenvolverase entre o 26 de novembro e o 13 de decembro de 2012.
  • Contidos específicos: 265 horas entre o 14 de decembro e o 6 de marzo de 2013
  • Medioambiente na agricultura: 10 horas, entre o 7 e o 8 de marzo entre 2013
  • Iniciación á silvicultura: 10 horas de duración a desenvolver entre o 11 e o 12 de marzo de 2013
  • Alfabetización dixital: 25 horas, desenvolveranse entre o 13 e o 21 de marzo de 2013
  • Manipulación de alimentos: 10 horas, entre o 22 e o 25 de marzo de 2013
  • Inserción laboral e emprendemento: 20 horas entre o 26 de marzo e 2 abril de 2013

 

Se o voso son as Construccións Metálicas, preparade os "bolis" para traballar dende o 14 de decembro de 2012 ata o 15 de marzo de 2013. O horario das clases será de 09:00 a 14:00 horas, igual que no curso anterior vanse impartir 5 horas diarias cos seguintes contidos:

  • Prevención de riscos laborais: 60 horas entre o 14 de decembro de 2012 e 4 de xaneiro de 2013
  • Contidos específicos: 210 horas, entre o 8 de xaneiro e o 7 de marzo de 2013
  • Medioambiete no naval: 10 horas do 8 ao 11 de marzo de 2013
  • Inserción laboral e emprendemento: 20 horas do 12 de marzo ao 15 de marzo de 2013

 

Os demais cursos de Destrezas múltiples teñen o comezo previsto para as seguintes datas:

  • Atención ao público: 26 de novembro a 18 de decembro de 2012
  • Servizos básicos restaurante e bar: 19 de decembro de 2012 a 15 de xaneiro de 2013
  • Manipulación de alimentos (1ª quenda): 16 ao 17 de xaneiro de 2013
  • Manipulación de alimentos (2ª quenda): 18 ao 21 de xaneiro de 2013
  • Alfabetización dixital: 22 ao 28 de xaneiro de 2013
  • Habilidades para o autoemprego (1ª quenda): 29 ao 30 de xaneiro de 2013
  • Habilidades para o autoemprego (2ª quenda): 31 de xaneiro a 1 de febreiro de 2013
  • Prevención de riscos laborais (1ª quenda): 4 ao 20 de febreiro de 2013
  • Prevención de riscos laborais (2ª quenda): 21 de febreiro a 8 de marzo de 2013

 

O Concello trata de ofrecer unha formación polivalente ós mozos e mozas desempregados/as, deseñando cursos específicos para os diferentes sectores económicos.

Ademáis non esquezades que a Concellería de Formación Laboral e Emprego continúa apostando tamén polo autoemprego, orientando laboralmente e axudando a aqueles que queiran emprender como autónomos. Tedes á vosa disposición para respostar a tódalas dúbidas que teñades a unha técnica de emprego e a unha orientadora laboral, só hai que chamalas no teléfono 981 33 77 00 (extensións 1123, 1107, 1120 e 2602).